PLANO ESTRATÉXICO

MISIÓN

Resolución e xestión dos trámites encamiñados á XESTIÓN DA INVESTIGACIÓN na UDC, de acordo co establecido polos órganos de goberno (definido na actualidade no Plano Estratéxico da UDC, aprobado no Claustro do 31.03.2005).

VISIÓN

Ser un Servizo moderno e áxil, enfocado a resolver as necesidades e as demandas dos investigadores desta universidade, así como doutros usuarios, mediante as novas tecnoloxías.

LIÑAS ESTRATÉXICAS
  • Actualización e mellora continua por parte do persoal do servizo no dominio da área de traballo encomendada, así como da normativa vixente.
  • Coordinación con outras unidades administrativas para a eficiente xestión da investigación.
  • Procurar unha atención de calidade ao usuario, que facilite os procesos e incremente o seu nivel de satisfacción.
FUNCIÓNS

Resolución dos procedementos encamiñados á xestión integral da investigación:

  • Convenios e proxectos de investigación
  • Xestión económica da investigación
  • Axudas da investigación
  • RRHH relacionados coa investigación
PROCESOS CLAVE
  • Xestión de proxectos e convenios de I+D+i
  • Xestión de bolas de investigación e contratos ligados a convenios e proxectos de investigación.
  • Xestión económico-administrativa da Vicerreitoría de Investigación
  • Información das convocatorias relaciondas coa investigación da UDC, CCAA , Estado e UE.
CLIENTES E USUARIOS DO SERVIZO
  • Persoal Docente e Investigador da UDC
  • Persoal de Administración e Servizos
  • Alumnos de 3º ciclo e Mestrados
  • Bolseiros e contratados de investigación