Servizo de Contratación Administrativa

O Servizo de Contratación Administrativa ten como misión principal a xestión dos procedementos de contratación das obras, subministracións e servizos demandados pola comunidade universitaria, de acordo co que establece a Lei de contratos do sector público e realiza as actividades necesarias (xestión e asesoramento) conforme aos principios de eficiencia, de confidencialidade e de transparencia, co obxectivo da mellora continua e da satisfacción dos seus clientes e usuarios.

Os servizos que ofrece son os seguintes:

  • O asesoramento previo ao comezo dos expedientes administrativos de contratación, en relación co procedemento que haberá que seguir e a documentación que se achegará en función do tipo de contrato de que se trate.
  • A tramitación, unha vez solicitada, dos expedientes administrativos de contratación, incluída a emisión e xestión de todos os documentos contables ata a Fase D (compromiso de gasto).
  • O apoio á Mesa de Contratación mediante a preparación da documentación relacionada coas súas sesións e a intervención do persoal do servizo, ao que lle corresponde a Secretaría.
  • A tramitación de todas as incidencias que poidan xurdir durante a vixencia dos contratos, tales como modificacións, resolucións, prórrogas e devolucións de garantía.

Localización e contacto

Reitoría da UDC

Rúa da Maestranza, 9, 1º andar
15001 A Coruña

@ Contratos menores: contratos.menores@udc.gal
@ Licitacións: seccion.contratacion@udc.gal

Persoal do Servizo

Manuel Calvo Fariña

Xefe do Servizo

Beatriz Aldao García

Xefa da Sección de Contratación

María Dolores Mallo Casdelo

Xefa do Negociado de Contratación I

Vanessa García Pérez

Xefa do Negociado de Contratación II

María Teresa Seoane Sande

Xefa do Negociado de Contratación III

Juan Pablo Rodríguez-Trelles Astruga

Xefe do Negociado de Contratación IV

Genoveva Álvarez Suárez

Xefa do Negociado de Contratación V

Olalla Fernández Fraga

Posto base

Aida Soraluce Acebo

Posto base

Javier Blanco Conde

Posto base

Sabela Pérez Arias

Posto base