NORMAS DO CURSO 2019-2020
NORMAS DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO
O número de materias das que deberá matricularse é de tres (9 créditos).
INSTRUCIÓNS MATRÍCULA DO CURSO ACADEMICO 2019/2020 PARA OS ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS EN PRIMEIRO CURSO
- A admisión ao Programa obtense logo do proceso de preinscrición. En caso de que a demanda de prazas exceda a oferta, farase un sorteo público. A concesión de prazas farase pública por medio da lista de admitidos, e crearase unha lista de espera cos non admitidos.
- As listas publicaranse na páxina web da Universidade Sénior e nos taboleiros de anuncios do Programa. Entenderase realizada a comunicación aos interesados coa publicación das listas mencionadas.
- Unha vez publicadas as listas de admitidos, terán de prazo para matricularse do 3 ao 10 de xullo, a través da plataforma on-line de matrícula da Universidade Sénior.
- Deberán presentar na Secretaria da Universidade Sénior a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos, que deberá conter necesariamente:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte.
- Unha foto recente de tamaño carné co nome e apelidos no reverso.
- Documentación acreditativa de non estar nunha situación laboral activa: xubilado, prexubilado ou situación asimilada, desempregado ou sen actividade laboral remunerada.
- Unha vez concedida unha praza, o dereito do solicitante para ocupala finaliza ao termo do prazo que se estableza para a formalización da matrícula. En caso de non formalizar a matrícula nese prazo, entenderase que o estudante renuncia á praza adxudicada.
- Cando un solicitante renuncie a unha praza, esta pasará ao seguinte alumno na lista de agarda. Os movementos na lista de espera serán publicitados na páxina web da Universidade Sénior e nos taboleiros de anuncios do Programa, os días 2, 12 e 18 de xullo.
En primeiro curso, no campus da Coruña, dúas son obrigatorias: Psicoloxía e As Razóns da Arte, e a terceira pódese escoller entre as seguintes:
LISTADO DE MATERIAS OPTATIVAS - CAMPUS DA CORUÑA
En primeiro curso, no campus da Ferrol, dúas son obrigatorias, Psicoloxía e Historia de Europa, e a terceira pódese escoller entre as seguintes:
LISTADO DE MATERIAS OPTATIVAS - CAMPUS DE FERROL
Na elección de asignaturas optativas, os alumnos de 2º, 3º e 4º teñen preferencia.
Ademais das tres materias, poderán matricularse nos talleres, do 3 ao 10 de xullo.
DOCUMENTACION NECESARIA PARA MATRICULARSE OS ALUMNOS/AS DE PRIMEIRO CURSO
- Unha fotografía tamaño carné
- Unha fotocopia do DNI
- Documentación acreditativa de non estar nunha situación laboral activa: xubilado, prexubilado ou situación asimilada, desempregado/a ou sen actividade laboral remunerada.
NORMAS DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE 2º, 3º e 4º CURSO
O número de materias en que vostede deberá matricularse é de tres. Dúas son obrigatorias e a terceira optativa a escoller entre as que figuran no plano de estudos baixo a denominación de optativas.
IMPORTANTE: Non pode vostede matricularse de materias que xa cursou.
Será necesario un mínimo de 20 alumnos/as para que unha materia optativa sexa impartida.
Ademais das tres materias poderá preinscribirse nos talleres (do 7 ao 16 de xuño) e nun máximo de dúas materias como oínte (do 17 ao 19 de setembro).
O alumnado que non aprobase/xustificase a asistencia nalgunha das materias en que se matriculou deberá matricularse de novo doutra disciplina adicional para cubrir todos os créditos necesarios por curso.
Alumnos/as Ointes
Os alumnos/as que xa cursaran os catro cursos e obtiveran o título de Graduado Sénior pola Universidade da Coruña, poderán matricularse como oíntes nun máximo de dúas asignatruras nas que non se cubriran as súas prazas con alumnos/as de matrícula oficial. O prazo de matrícula como oíntes será do 17 ao 19 de setembro.
O curso comeza o día 7 de outubro.