A presente normativa será de aplicación ao estudante que curse os estudos do Programa Formativo Específico en Actualidade, Ciencia, Saúde e Vida da Universidade Sénior.
A presente convocatoria abrangue a todo o alumnado de primeira matrícula e a todo alumnado de continuación dos estudos na Universidade Sénior, que admitido en cursos anteriores realice esta oferta formativa especifica para o curso académico 2020/2021
Procedementos administrativos e académicos
Os procedementos administrativos e académicos regulados na presente normativa, así como os prazos que lles afecten, serán determinados para este curso académico pola Comisión Académica da Universidade Sénior da Universidade da Coruña.
REQUISITOS XERAIS DE ACCESO PARA O ALUMNADO DE NOVA MATRÍCULA
Poderá solicitar a admisión no programa quen cumpra os seguintes requisitos:
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVA MATRÍCULA E CONTINUACIÓN DE ESTUDOS
Poderán solicitar a admisión no Programa as persoas que reúnan os requisitos de acceso.
Prazo de presentación de solicitudes
22 de xuño ao 5 de xullo
A admisión ao Programa obterase logo do proceso de preinscrición. A preinscrición e a matrícula realizaranse a través dos medios habilitados: Plataforma on-line da FUAC
Adxudicación de prazas
As prazas son limitadas e adxudicaranse mediante sorteo, de ser necesario. A concesión farase pública por medio de listas oficiais na páxina web da Universidade Sénior. Entenderase realizada a comunicación aos interesados e interesadas coa publicación destas listas.
Dereito á praza concedida
Unha vez concedida unha praza, o dereito do solicitante para ocupala finaliza ao termo do prazo que se estableza para a formalización da matrícula. En caso de non formalizar a matrícula nese prazo, entenderase que o estudante renuncia á praza adxudicada.
A matrícula neste Programa de Formación Especifica dará dereito á admisión no Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade Sénior para o curso 2021/2022, no caso de se convocar, para o alumnado de nova matrícula e o alumnado de continuación.
MATRÍCULA
Procedemento, requisitos, limitacións e documentación
A matrícula realizarase a través dos medios habilitados pola Universidade Sénior: Plataforma on-line da FUAC
Prazo de matrícula: do 7 ao 12 de xullo
Unha vez publicadas as listas de admitidos e admitidas, o alumnado de nova matrícula deberá presentar no prazo establecido a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos:
Esta documentación aportarase, preferentemente, por correo electrónico:
Os estudantes xa matriculados nun curso oficial na titulación de Graduado Sénior en cursos anteriores non teñen que aportar esta documentación.
Prezo da matrícula:
Para o curso académico 2020/2021 é 125 € (inclúe 10 € de seguro escolar).
Seguro:
Moi importante con carácter xeral para todo o alumnado:
A oferta académica para o curso 2020/2021 é ÚNICA E TODO O ALUMNADO DEBE MATRICULARSE DE CURSO COMPLETO, que inclúe materias non presenciais e ciclo de conferencias. Procurarase que cada estudante poda asistir de xeito presencial a unha conferencia mensual, seguindo as recomendacións institucionais e sanitarias vixentes en cada momento.
Descarga do documento de Convocatoria de Admisión e Matrícula no Programa Formativo Específico "Actualidade, Ciencia, Saúde e Vida" da Universidade Sénior da Universidade da Coruña. (archivo PDF)