Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Ortigueira

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

Cartaz-Ortigueira-2025

En colaboración co Concello de Ortigueira, a Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha nova edición, xa a 5ª, do Programa de Democratización do Coñecemento, coa financiación da Xunta de Galicia.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos da comarca de Ortegal, este proxecto formativo consta de tres módulos:

 

MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais  
DOCENTES  DATAS  ACTIVIDADE 
Victoria de León Sanjuán 7 de abril de 2025, de 17 a 19   Sesión teórica. A dirección artística no cine
Manuel Gómez Suárez  8 de abril de 2025, de 17 a 19   Sesión teórica.  A xestión do común: unha visión desde a economía e os comics
Elena Martín Cancela 23 de abril de 2025, 17 a 19   Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros 
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía  
DOCENTES  DATAS  ACTIVIDADE 
María José Serviá García     28 de abril de 2025, 17 a 19   Sesión teórica.  Historia dalgunhas invasións biolóxicas en Galicia e a súa xestión actual 
Gloria Mª González Fortes 29 de abril de 2025,17 a 19   Sesión teórica.  ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes
Álvaro Michelena Grandío 5 de maio de 2025, de 17 a 19   Sesión teórica. Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas
  MODULO 3. Ciencias da Vida e da Saúde
DOCENTES  DATAS  ACTIVIDADE 
Luís Saleta Canosa 12 de maio de 2025, de 17 a 19   Sesión teórica. Vacinas e Antibióticos
Salvador Fojón Polanco 13 de maio de 2025, de 17 a 19   Sesión teórica. O cambio climático, causas e consecuencias 
Carlos Freire Rodríguez   19 de maio de 2025, de 17 a 19   Sesión teórica. Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico

Xornada de Visitas – Clausura e entrega de diplomas, 20 de maio

O día 20 de maio terá lugar unha xornada de visitas e actos académicos na Coruña, e ao seu final, celebrarase o Acto de clausura e farase a entrega de diplomas ós participantes.

 

As sesións  terán lugar no Teatro da Beneficencia (Ortigueira, A Coruña) .

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Ortigueira

More