Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

En colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) "Costa da Morte" e o Concello de Zas, a Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegará entre os meses de febreiro a abril a formación universitaria para maiores mediante a 8ª edición do Proxecto de Democratización do Coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, este proxecto formativo está composto por tres módulos, con sesións teóricas e prácticas:

MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
10 de febreiro, de 17 a 19 h. “O xigante esperto: China, a gran descoñecida” Prof. Iván Nieto Cerdeiriña
11 de febreiro, de 17 a 19 h. “Arte de vangarda: manual de instrucións” Prof. Fernando Agrasar Quiroga
24 de febreiro, de 17 a 19 h. “A xustiza penal en España: mitos e realidades” Profa. Eva Mª Souto García e prof. J. Antonio Ramos Vázquez
MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
3 de marzo, de 17 a 19 h. “A revolución dixital na xestión da auga” Prof. Antonio J. Díaz Longueira
4 de marzo, de 17 a 19 h. “O coche do futuro moverase con hidróxeno?” Profa. Socorro Castro García
10 de marzo, de 17 a 19 h. “Enerxías renovables e transición ecolóxica: o papel da cidadanía” Profa. Lucía Paz Aldrey
MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

17 de marzo, de 17 a  19 h.

“Cerebro: memoria, sono e rock and roll” Prof. Casto Rivadulla Fernández
18 de marzo, de 17 a 19 h. “Evolución ou extinción: eu decido” Profa. Esther Fernández Fernández.
24 de marzo, de 17 a 19 h. “Cambio climático: causas, consecuencias e solucións” Prof. Salvador Fojón Polanco

As sesións teóricas serán desenvolvidas no Centro Sociocultural de Baio, no Concello de Zas.

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte