Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Betanzos
Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Betanzos, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores de Betanzos e a súa comarca, que se desenvolverá nos meses de setembro e outubro.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas en dous días á semana por profesorado da Universidade da Coruña.
As sesións terán lugar no CineTeatro Alfonsetti en Betanzos.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web: UDC Sénior Betanzos (https://universidadesenior.org/betanzos/ ) ou presencialmente a través do Departamento de Educacióndo Concello de Betanzos.
Programa 2025 – Betanzos
MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais
DOCENTES
DATAS
ACTIVIDADE
Victoria de León Sanjuán
23 de setembro de 2025, de 17 a 19 horas
«A Dirección Artística no Cine»
Elena Martín Cancela
24 de setembro de 2025, de 17 a 19 horas
«Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros»
Manuel Gómez Suárez
30 de setembro de 2025, de 17 a 19 horas
«A xestión do común: unha visión desde a economía e os comics»
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía
DOCENTES
DATAS
ACTIVIDADE
Sergio Rodríguez Roiloa
7 de outubro de 2025, de 17 a 19 horas
«(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión»
Gloria Mª González Fortes
8 de outubro de 2025, de 17 a 19 horas
«ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes»
Álvaro Michelena Grandío
14 de outubro de 2025, de 17 a 19 horas
«Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas»
MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde
DOCENTES
DATAS
ACTIVIDADE
Silvia Veiga Seijo
21 de outubro de 2025, de 17 a 19 horas
«A saúde que nace da participación»
Salvador Fojón Polanco
22 de outubro de 2025, de 17 a 19 horas
«O cambio climático, causas e consecuencias»
Carlos Freire Rodríguez
28 de outubro de 2025 de 17 a 19 horas
«Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico»
XORNADA DE VISITAS NA CORUÑA, ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS: 29 DE OUTUBRO
Nota: Requisito de asistencia Os participantes deberán contar con polo menos un 80% de asistencia ás sesións do programa para recibir o diploma acreditativo e optar a participar na Xornada de Actividades finais na Coruña.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase ás persoas maiores de 50 anos da comarcas de Betanzos respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.