Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Cee

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

cartaz_Cee 2025 (c) cartaz_Cee 2025

En colaboración co Concello de Cee, o Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos do concello de Cee e maila súa comarca, este proxecto formativo consta de tres módulos:

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

 

MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais 

DATAS 

ACTIVIDADE 

Xoves, 12 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00

Sesión teórica “Tipoloxía e significado dos cruceiros en Galicia”

e Visita ao Museo Fernando Blanco de Lema.

Prof. Álvaro Iglesias Maceiras

MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía 

DATAS 

ACTIVIDADE 

Xoves, 19 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00

Sesión teórica “A ría de Lires, unha contorna ambiental, social e economicamente sustentable”,

e Saída de Campo á Ría de Lires e piscifactoría Tres Mares

Prof. Javier Cremades Ugarte

MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde

 DATAS 

ACTIVIDADE 

Xoves, 26 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00  

Sesión teórica “Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico”

e actividade práctica

Profa. Isabel Raposo Vidal

 

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase por vez primeira ás persoas maiores de 50 anos de Cee, coa intención de dar resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo noutras localidades e comarcas con este Programa de Democratización do Coñecemento desde 2018.

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Cee

More