En colaboración co Concello de Carballo, o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento.
Dirixido a persoas maiores de 50 anos do concello de Carballo, este proxecto formativo consta de tres módulos:
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais | ||
DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
Victoria de León Sanjuán | 14 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. A Dirección Artística no Cine. |
Elena Martín Cancela | 15 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros |
Manuel Gómez Suárez | 21 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics. |
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía | ||
DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
Sergio Rodríguez Roiloa | 28 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión |
Gloria Mª González Fortes | 29 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes |
Álvaro Michelena Grandío | 4de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas |
MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde | ||
DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
Carlos Freire Rodríguez | 11 de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico |
Salvador Fojón Polanco | 12 de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. O cambio climático, causas e consecuencias |
Luis Saleta Canosa | 18 de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes. |
Xornada de visitas académicas na Coruña e clausura: 26 de novembro |
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase unha vez máis ás persoas maiores de 50 anos de Carballo, coa intención de dar resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo noutras localidades e comarcas con este Programa de Democratización do Coñecemento desde 2018.
Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Carballo