Prof. Dr. Xosé Ramón Freixeiro Mato
Prof. Dr. Xoán López Viñas
1. DESCRICIÓN
Estudo da historia externa da lingua galega e das principais características da súa estrutura interna actual.
2. OBXECTIVOS
- Coñecer a orixe e a evolución social da lingua galega a través do tempo.
- Analizar a súa situación na actualidade.
- Estudar os principais trazos da lingua actual nos seus diferentes planos.
- Resolver as dúbidas máis importantes sobre os seus usos prácticos.
3. CONTIDOS
- Orixe e evolución da lingua: galego antigo, medio e contemporáneo
- A situación social do galego na actualidade e as súas variedades
- A conformación do galego estándar e aspectos relevantes da ortografía e da fonética
- Cuestións morfosintácticas máis destacadas.
- O léxico galego e as súas interferencias; a calidade da lingua.
4. METODOLOXÍA
As aulas constará dunha primeira parte expositiva baseada na lección maxistral e dunha segunda parte consistente na realización de exercicios prácticos, comentario de textos e resolución de dúbidas.
5. SISTEMA DE AVALIACIÓN
A materia será avaliada mediante a realización de actividades prácticas na aula
6. BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA E MATERIAL DE APOIO
- García Negro, M. P. (ed.) (2009): Sobre o racismo lingüístico Ames: Laiovento.
- Freixeiro Mato, X. R. (2009): Lingua de calidade. Vigo: Xerais.
- López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2010): Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía.
- Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012): Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: SNL- UDC.
- Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010): Lingua e futuro. Ames: Laiovento.