Conforman o patrimonio cultural unha serie de manifestacións tanto materiais como inmateriais que temos herdado como legado, que están presentes na nosa vida cotiá e que temos o dereito a desfrutar, pero tamén o deber de coñecer e conservar. Este programa proporcionará unha aproximación a moitas delas a través dunha combinación equilibrada de teoría e práctica, que permitirá ao alumnado participante adquirir uns coñecementos sólidos sobre o patrimonio cultural, a súa conexión co medio natural, así como habilidades prácticas para a súa conservación e difusión. Prestarase ademais unha especial atención ao patrimonio vinculado á Universidade da Coruña, a miúdo descoñecido para a propia comunidade universitaria.
O patrimonio cultural é inherente ao ser humano, que é quen o crea, o desfruta, e ten a obriga de transmitilo e conservalo. É habitual que exista unha preocupación pola educación ambiental, non obstante, non sucede o mesmo coa educación patrimonial. Con frecuencia este importante legado colectivo é descoñecido, pasa desapercibido ou non existe conciencia do seu valor e da necesidade de conservalo para as xeracións futuras. O seu mantemento ten que ir ligado á memoria e á súa comprensión no seu contexto orixinal e actual. Ademais de tratar de transmitir todos estes aspectos, a partires do estudo do patrimonio dende as súas bases teóricas e as súas diferentes tipoloxías, porase o foco de maneira específica no patrimonio da Universidade da Coruña e a súa contorna, presente nos diferentes campus, que con frecuencia pasa inadvertido para a sociedade e para a colectividade universitaria.
Ademais dunha ampla base teórica, a docencia apoiarase no estudo de casos e no contacto directo cos recursos patrimoniais a través de visitas e traballo de campo.
Condicións de acceso:
Número de admitidos/as:
Lugar de impartición:
Plan de estudos:
O programa de continuidade que se propón consta dun único curso académico cunha duración de 30 semanas (outubro - maio). O alumnado cursará 9 materias obrigatorias organizadas en tres módulos, cunha duración cada un deles de 10 semanas, ata completar un total de 90 horas anuais = 9 créditos.
Programación do curso:
A dedicación das persoas inscritas será de 3 clases semanais ao longo de todo o curso académico (outubro a maio). As sesións teóricas serán impartidas na aula os xoves de 16:30 a 18:20 horas e os venres de 10:00 a 10:50. Serán sesións de 50 minutos.
Ademáis, está previsto realizar en cada módulo algunha visita programada a un lugar de interese, coordinada polos docentes en relación coas temáticas impartidas.
A asistencia será obrigatoria.
Prezo da matrícula:
Máis información e asistencia á matriculación na Secretaría da Universidade Sénior na Coruña:
Universidade Sénior. A Coruña |