Plan de Estudos - Formación Específica "O Camiño de Santiago"

Banner Postgrao Camiño 2021-2022(1)

PROGRAMACIÓN

 

Módulo I: "A Memoria no Camiño de Santiago. Historia, Arte e Manifestacións da Cultura Popular"

A Memoria que acompaña a estes camiños discorre entre o material e o inmaterial e comprende elementos de natureza moi diversa, que se entrelazan coa identidade daqueles lugares polos que discorre e das propias persoas que o percorren. A historia, a arte, a etnografía, non son máis que o reflexo desa realidade. Este módulo ten por obxecto aproximar ao alumnado a ela.

Obxectivos:

  • Contextualizar o fenómeno xacobeo no seu devir histórico.
  • Estudar as manifestacións arquitectónicas, artísticas e da cultura popular presentes ao longo do percorrido.
  • Afondar nas diferentes vías que chegan a Compostela.

Este módulo consta de 3 créditos que se corresponden con 30 horas, de 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas cada unha, de 60 minutos de duración, impartidas nun único día da semana.

O módulo estará impartido por profesorado da UDC das áreas de coñecemento relacionadas coa temática do módulo:

  • Area de Humanidades: Prof. Mª Elvira Lezcano González e prof. Carlos Rodríguez Carro.
  • Area de Arquitectura: prof. José Ramón Soraluce Blond e prof. Álvaro Iglesias Maceiras.

Está prevista unha visita cultural relacionada coa temática do módulo.

 

Módulo II: "Medio Natural e Xestión Turística"

É habitual estudar o Camiño desde unha perspectiva cultural, pero é preciso lembrar que este discorre por un espazo paisaxístico e natural que convén coñecer. Non se trata de dúas realidades independente; unha non se comprendería sen a outra. Por tal razón é necesario abordalas.  Por outra banda, o Camiño actualmente está considerado un recurso turístico de gran valor, que chega a se converter nun produto que ten que ser xestionado axeitadamente .

 

Obxectivos:

  • Estudar o Camiño como unha paisaxe natural e cultural.
  • Achegarse á arqueoloxía da paisaxe e aos recursos naturais presentes nel.
  • Comprender a necesidade dun uso sustentable das rutas xacobeas desde as perspectivas social, económica e ambiental.
  • Entender o Camiño como un medio excepcional para a Educación ambiental.
  • Estudar en profundidade todos os aspectos da súa comercialización e xestión turística.
  • Reflexionar sobre o feito de camiñar e coñecer a relación corpo-territorio-paisaxe.

Este módulo consta de 3 créditos que se corresponden con 30 horas, de 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas cada unha, de 60 minutos de duración, impartidas nun único día da semana.

  • "Arqueoloxía da Paisaxe e Medio Natural", a cargo da prof. Araceli Serantes Pazos, da Facultade de Ciencias da Educación, e da prof. Matilde González Méndez, arqueóloga
  • "A experiencia turística do Camiño", a cargo da prof. Iria Caamaño Franco, e do prof. Carlos Rodríguez Carro, profesores da Facultade de Turismo.
  • "Non hai camiño: corpos e (in)mobilidades na fin do mundo", a cargo do prof. Carlos Diz Reboredo, da Facultade de Socioloxía.

O módulo estará impartido por profesorado da UDC das áreas de coñecemento relacionadas coa temática do módulo:

  • Area de Ciencias da Educación: Prof. Araceli Serantes Pazos
  • Area de Turismo: Prof. Iria Caamaño Franco.
  • Area de Socioloxía: Prof. Carlos Diz Reboredo.

Está prevista unha visita cultural relacionada coa temática do módulo.

 

 

Módulo III: "O Camiño como espazo cultural"

Coñecer e comprender a vía de peregrinación como espazo no que a cultura está viva, é o obxectivo do último módulo. A música, a danza, a literatura e o cine son só algunhas das manifestacións que configuran a súa idiosincrasia e valor universal.

 

Obxectivos:

  • Coñecer distintas manifestacións culturais presentes nos distintos camiños ou lugares polos que discorre.
  • Comprender que o Camiño é moito máis que unha vía de peregrinación cunha importante historia e valor espiritual

 

Este módulo consta de 3 créditos que se corresponden con 30 horas, de 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas cada unha, de 60 minutos de duración, impartidas nun único día da semana.

 

O módulo estará impartido por profesorado da UDC das áreas de coñecemento relacionadas coa temática do módulo:

  • Área de Comunicación: prof. José Juan Videla Rodríguez
  • Área de Filoloxía: Prof. Xoán López Viñas
  • Área de Ciencias da Educación: Prof. Vicente Castro Alonso e Prof. Francisco César Rosa Napal

Está prevista unha visita cultural relacionada coa temática do módulo.