Uso seguro de contrasinais
O contrasinal da túa conta corporativa é a porta de entrada á túa información na UDC. Segue estes consellos para evitar que alguén suplante a túa identidade:
- Non reutilices o contrasinal de acceso aos servizos da UDC noutros servizos externos. Ten presente que, se un destes servizos ten unha fenda de seguridade, o teu contrasinal da UDC pode quedar exposto. Un xestor de contrasinais pode axudarte a utilizar distintos contrasinais para cada servizo que utilices.
- Non debes compartilo con ninguén. Lembra que a UDC nunca che pedirá este contrasinal por correo electrónico nin por teléfono.
- Non a facilites nun formulario dunha páxina web que non che ofreza confianza. Consulta os nosos consellos ao respecto.
- Non utilices o teu enderezo de correo electrónico da UDC para abrir contas en servizos de Internet ou nas redes sociais. Para estes fins debes usar contas persoais que non sexan dos dominios <udc.gal> ou <udc.es>. Deste xeito evitarás recibir na caixa de correo da UDC correo que non teña relación coa túa actividade universitaria, e identificarás de xeito máis fácil os correos maliciosos.
- Salvo que o teu equipo conte cunha configuración de seguridade mínima, esto é, que o sistema opeativo e as aplicacións estean actualizados, que conte con un antivirus actualizado e que o contrasinal de acceso sexa robusto, a recomendación é:
- Non almacenar os contrasinais nos navegadores.
- Instalar os certificados electrónicos de xeito que solicite un contrasinal para utilizalos. Nesta guía externa podes atopar información ao respecto.
Contrasinais robustos
Segue estes consellos para que o teu contrasinal sexa dificil de adiviñar:
- Utiliza 10 caracteres ou máis.
- Emprega, ao menos, tres caracteres dos seguintes tipos: números, maiúsculas, minúsculas e caracteres non alfabéticos.
- Non inclúas no contrasinal o identificador de usuario, o DNI, o número de teléfono ou calquera outro dato que sexa facilmente relacionable coa túa persoa.
- Non utilices palabras que estean nun diccionario. O contrasinal Universidade2023 non é un contrasinal robusto.
- Non deberá coincidir cos últimos cinco contrasinais que utilizases.
- Non deberá consistir nunha lixeira variación respecto do último contrasinal, pois calquera atacante podería deducilo facilmente. Por exemplo: se estou usando o contrasinal Eupdlm!2020 e debo trocalo, non debería usar Eupdlm!2021.
Ligazóns de interese en AxudaTIC
Ligazóns externas