Os recuperadores de calor son equipos de renovación de aire que serven para garantir unha calidade do aire interior cun mínimo custo enerxético: aproveitan a calor do aire de saída (climatizado) para realizar un prequentamento do aire de entrada e sen mesturar os fluxos de aire. O intercambio de calor faise a través dun intercambior de placas.
As instalacións de climatización teñen por obxecto manter as condicións dos locais ocupados nuns valores de temperatura, humidade e velocidade do aire axeitados ás tarefas que se van realizar neles. É frecuente que a climatización achegue tamén unhas condicións de ventilación que permitan manter a calidade do aire, eliminando a concentración de certos contaminantes por debaixo de niveis seguros, tal é o caso do control de radon, CO2 e outras partículas de calidade de aire.