O Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos (SAUE) é un servizo dependente da Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade. A súa función é participar na coordinación e realización das actuacións de índole urbanística, arquitectónica e tecnolóxica, desenvolvidas no ámbito territorial da UDC: os campus da Coruña e Ferrol.
Os seus obxectivos defínense a través dos termos planificar, xestionar e executar, referidos a acometer as accións necesarias para responder ás necesidades espaciais e ambientais da actividade universitaria.
No ano 2024 a vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade da UDC empezou a traballar nun Plan Integral de Rehabilitación, Mellora Enerxética e Humanización (PIRMEH), co fin de orientar os fondos propios, e os captados a través de convenios específicos con administracións autonómicas, provinciais e locais, cara investimentos que poñan en valor o patrimonio construído xa existente, cunha superficie de máis de 350.000 m2 distribuídos en case 60 edificios.
Plan Integral de Rehabilitación, Mellora Enerxética e Humanización
No ano 2024 a Universidade da Coruña, levou a cabo 11 actuacións para a instalación de paneis fotovoltaicos, cada unha delas cunha potencia instalada de 100 kW. Estas instalacións inclúen un total de 216 paneis fotovoltaicos situados nas cubertas dos centros, que xeneran, en cada unha delas, unha produción de enerxía anual estimada en 111,38 MWh.
As obras foron financiadas pola Unión Europea a través do programa NextGenerationEU, xestionado mediante o INEGA (Código de procedemento IN422K), cun investimento total de 836.682,66 €.
News and events