Revisa aquí a dita resolución
As persoas adxudicatarias dunha bolsa comprométense a cumprir todas as condicións recollidas nesta convocatoria.
O prazo para realizar a aceptación/renuncia, será dende o día 11/03/2025 até as 23:00 h do día 17/03/2025.
No caso de non realizar a aceptación, chamarase ás persoas da listaxe de agarda.
O procedemento para a aceptación/renuncia é o seguinte:
1.- Aceptación a través da web www.becas-santander.com - “Programa de Becas Estudios Másteres Universitarios 2024/25”
2.- Aceptación a través do formulario que aparece ao final deste apartado.
Os documentos que deben achegar no dito formulario, asinados dixitalmente ou manualmente e escaneados, son:
Non presentar a aceptación, no prazo establecido, na plataforma do Banco Santander e a través do formulario da UDC, entenderase como renuncia á bolsa.
3.- Ademais, dentro do prazo indicado, as persoas adxudicatarias deberán:
Durante o proceso terá que subir un documento xustificativo de titularidade da conta bancaria para a súa alta e outro arquivo con copia do documento de identificación (por ámbalas caras), sendo soamente válidos DNI ou NIE.
Rematado o prazo establecido e unha vez comprobada a realización dos trámites establecidos e a revisión da documentación presentada, iniciarase o procedemento para o pagamento da bolsa aceptada.
Para aclarar calquera dúbida poden enviar un correo electrónico a bolsas@udc.gal indicando no asunto "bolsas máster UDC-Santander"
As listaxes provisionais de persoas con bolsa concedida e denegada, e a listaxe de agarda para o caso de que existan renuncias, foron publicadas o 14 de febreiro no TABOLEIRO ELECTRÓNICO desta universidade.
Podes revisar a publicación AQUÍ.
O prazo para presentar alegacións finaliza ás 24:00 horas do venres 21 de febreiro de 2025.
Os interesados deberán presentalas por correo electrónico desde a conta de correo @udc.gal/@udc.es da que dispoñen, dirixíndoas á conta de correo electrónico: bolsas@udc.gal, poñendo no asunto: Bolsas Máster 24-25
A Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander convocan 70 bolsas para o alumnado matriculado nun Máster Universitario Oficial da UDC no curso académico 2024/25, a tempo completo, segundo os requisitos que establece esta convocatoria.
A contía bruta de cada bolsa será de 1000 €.
Revisa os requisitos das persoas solicitantes, o procedemento de solicitude e o resto das bases da convocatoria na seguinte ligazón: Convocatoria
O prazo de solicitude será do 3 de decembro de 2024 ata as 23:00 horas do 20 de decembro de 2024.
Para calquera dúbida podes enviar un correo electrónico a bolsas@udc.gal indicando no asunto "bolsas máster UDC-Santander"
Novas relacionadas coa convocatoria
Para presentar correctamente a túa solicitude, segue o que se indica nos dous pasos seguintes.
Paso 1. Rexistra a túa solicitude na UDC a través do formulario que atoparás ao final desta páxina.
Todas as persoas solicitantes deberán subir ao formulario a seguinte documentación:
No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro, ademais do certificado do expediente académico, no que conste a cualificación mínima aprobatoria, deben presentar firmado o documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos realizados aos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes:
https://universidades.sede.gob.es/pagina/index/directorio/Equivalencia_notas_medias
Poderá requirírselle ás persoas solicitantes a exhibición da documentación orixinal.
Paso 2. Rexistra a túa solicitude na plataforma de bolsas do Banco Santander, na convocatoria específica para estas bolsas, a través da seguinte ligazón:
Deberás indicar, obrigatoriamente, o número de expediente que recibirás a través dun correo electrónico na túa conta de correo da @udc, unha vez teñas realizado o paso 1.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 3 de decembro de 2024 ata as 23:00 h do 20 de decembro de 2024.