Normas para entrega de orixinais

INFORMACIÓN PREVIA

 

  • Só se admitirán textos orixinais absolutamente definitivos, que conten con permiso de reprodución de imaxes, se as houber.
  • Os manuscritos deben cumprir coas seguintes premisas de estilo e formato antes de proceder ao seu envío para valoración.
  • Se non pode cumprir co punto anterior deberá enviar un escrito xustificativo xunto co manuscrito orixinal da obra. O SPU valorará se ten a calidade formal suficiente para poder continuar coas seguintes fases de edición.
  • Os orixinais serán sometidos á consideración do Servizo de Publicacións, que, unha vez revisado que compren coas normas de estilo, solicitará informes de pares cegos.
NORMAS DE ESTILO

 

FORMATO

  1. Os orixinais enviarase en formato Word ou PDF, preferiblemente en tamaño A4, Times New Roman, tamaño 12, xustificado e con entreliña 1,5.
  2. Os marxes superior e inferior serán de 2,5 cm e os marxes esquerdo e dereito serán de 3 cm.

 

ESTRUTURA

  1. Na primeira páxina, consignarase o título da obra centrado, no  terzo superior e o nome (s) completo(s) de autor(es/as) no terzo inferior.
  2. A páxina 2 deixarase branca.
  3. Na páxina 3 irá o nome do autor, centrado, en minúscula e na parte superior da páxina. No medio da páxina, centrado, irá o título e o subtítulo da obra.
  4. A páxina 4 deixarase branca.
  5. Na páxina 5 debe situarse un índice.
  6. A páxina 6 irá branca.
  7. O texto comezará na páxina 7

 

IMAXES, GRÁFICOS E ILUSTRACIÓNS

  1. O formato recomendado é jpg ou tiff.
  2. As imaxes e ilustracións deberán ir acompañadas de lendas ou pés.
  3. A resolución recomendada é de 300 ppp. Non se admitirán resolucións inferiores a 150 ppp
  4. As ilustración irán integradas no manuscrito orixinal, e, ademáis diso, deben enviarse, cos criterios devanditos de formato e resolución, como arquivos separados con nomes significativos (p.e.: imaxe 1, fig1...), Achegarase tamén un arquivo de texto do índice das imaxes e a súa lenda ou texto ao pé .
  5. Facilitarase a información pertinente sobre a orixe de cada imaxe e sobre a titularidade dos dereitos de reprodución.

 

ORTOGRAFÍA 

  1. Para as obras en español, deberá axustarse á Ortografía de la lengua española, da Real Academia Española, edición de 2010.
  2. Para as obras en galego, seguiranse as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

 

COMO CITAR

Lémbrase que o texto das citas debe ir en redonda, non en cursiva.

1. As citas curtas de menos de 4 liñas, deben ir inseridas no texto, marcadas con comiñas.

Utilizaranse os tres niveles de comiñas segundo a súa prioridade de uso. En primeiro lugar deben usarse as comiñas latinas ou españolas (« »), espois as inglesas (“ ”) e por último as simples (‘ ’):

Él díxome: «Gustoume o artigo “Orixe da palabra ‘sur’”, que era moi detallado».

2. Para citas longas, separarase o texto nun novo parágrafo. Este deberá ir sangrado e con letra redonda nun corpo menor (11 puntos).

3. No SPU valorarase positivamente o sistema de "CITACIÓN XUSTA". Detállase na seguinte ligazón: citación xusta

A citación xusta é unha compoñente clave na avaliación ética e de calidade editorial de publicacións científicas. Existen varios selos de calidade, índices e certificacións que valoran explicitamente o cumprimento de boas prácticas de citación, incluíndo a citación xusta. Departamentos académicos, comités éticos e consellos de investigación avalían se os traballos citan correctamente.

 

NOTAS AO PÉ

Admítense os dous sistemas de chamada a nota (antes ou despois de signo de puntuación), pero deberase optar por usar o mesmo en todo o texto.

Número antes do signo de puntuación: como sinalaba Erasmo1, a locura ou estulticia

Número despois do signo de puntuación: como sinalaba Erasmo, 1a locura ou estulticia

 

BIBLIOGRAFÍA

Admítese calquera dos sistemas de citación e referencia bibliográfica estandarizados na escritura científico-técnica.

É fundamental que se opte por un sistema de citación bibliográfica e se axusten todas as referencias bibliográficas ao mesmo.

A seguinte páxina servirá de guía: https://infoguias.biblioteca.udc.es/citas_referencias.