O Servizo de Publicacións da UDC, asignará o código ISBN identificativo propio da UDC a aquelas obras que polas súas características así o requiran. Por cuestións de rexistro e calidade, non se permitirá engadir ningún ISBN alleo ao selo identificativo desta editorial universitaria.
Que publicacións deben de levar ISBN?
O ISBN é un número pensado para favorecer o comercio das publicacións. Se estas non van ser postas á venda, non necesitan ISBN. O Real Decreto 2063/2008, do 12 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 10/2007, do 22 de xuño, da Lectura, do Libro e as Bibliotecas no relativo ao ISBN establece no seu Anexo I as publicacións que levan código ISBN:
• Obras monográficas impresas.
• Publicacións monográficas electrónicas, xa estean dispoñibles na internet (libros electrónicos) como en soporte físico (CD- ROM, disquetes ou cintas lexibles por máquina).
• Películas, vídeos, transparencias de contido educativo ou didáctico sempre que sexan recursos didácticos de materias que se impartan no ensino regrado. Indicarase a materia e o curso ao que vai dirixida a publicación.
• Audiolibros xa estean en soporte físico ( casete, CD, DVD, etc.) ou dispoñibles na internet
• Programas informáticos educativos ou didácticos deseñados con propósitos educativos ou de capacitación como titoriais para a aprendizaxe.
• Mapas
• Publicacións en Braille, ou os seus equivalentes en novas tecnoloxías.
• Publicacións que a editorial non teña previsto actualizar regularmente nin continuar indefinidamente.
• Separatas de artigos ou números monográficos dunha publicación seriada concreta.
• Copias dixitais de publicacións monográficas impresas.
• Publicacións multimedia cuxo compoñente principal sexa o texto.
• Publicacións en microforma
Que publicacións non deben de levar ISBN?
O Real Decreto citado no parágrafo anterior establece no seu Anexo I as publicacións que non levan código ISBN:
• Publicacións seriadas. Son aquelas publicacións que normalmente se editan en partes sucesivas ou integradas (como revistas ou diarios) e adoitan designarse numérica ou cronoloxicamente. O seu código de identificación é o ISSN.
• Recursos continuados. Son publicacións que se poñen en circulación ao longo do tempo sen data de finalización predeterminada, normalmente difundida en exemplares sucesivos ou integrados tales como publicacións en follas soltas, soportes electrónicos sucesivos e sustitutivos e sitios web que se actualizan de forma continuada. Poden utilizar como código de identificación o ISSN.
• Partituras. O seu código de identificación é o ISMN.
• Gravacións de sons musicais. O seu código de identificación é o ISRC.
• Produtos audiovisuais, tales como películas cinematográficas, documentais, publicitarias, debuxos animados, etc. O seu código de identificación é o ISAN.
• Materiais anejos a unha obra monográfica que non teñan valor comercial por separado, e non se vendan por separado. Non utilizarán un ISBN propio pero poden indicar o ISBN da obra monográfica á que acompañan.
• Manuais de usuario de materiais non librarios e publicacións que acompañan a xornais e revistas.
• Materiais docentes de uso interno en centros de ensino.
• Memorias, estatutos e materiais de réxime interno de empresas, institucións ou asociacións.
• Obras textuais en abstracto.
• Material impreso, ou noutros soportes, de carácter temporal, como catálogos de librerías e editoriais, catálogos comerciais e publicitarios, folletos turísticos, cancioneiros, folletos e programas deportivos, cinematográficos, escolares, políticos, escolares, teatrais, actos culturais, de festas, conmemorativos, de concertos, etc., listas de prezos e todo material publicitario ou propagandístico.
• Impresións artísticas.
• Documentos persoais (por exemplo, currículo vitae ou perfil persoal en formato electrónico).
• Tarxetas de felicitación.
• Programas informáticos que non teñan fins educativos nin didácticos.
• Correos electrónicos e demais correspondencia electrónica.
• Xogos.
• Almanaques, axendas e calendarios.
• Álbums de cromos, de fotos, de cerimonias sociais, de selos, de moedas e billetes, etc.
• Directorios telefónicos.
• Guións de cinema, radio e televisión, salvo que se publiquen comercialmente.
• Libros de colorear e de adhesivos.
• Obras impresas en multicopistas.
• Pasatempos ( crucigramas, sopas de letras, sudokus, kakuros, nurikabes, etc.).
• Publicacións de dispoñibilidade limitada e recursos actualizables por exemplo, publicacións que se imprimen baixo demanda cun contido adaptado ás peticións do usuario.
Os libros electrónicos necesitan ISBN?
Os libros electrónicos tamén necesitan un ISBN para entrar no circuíto comercial. Consulte este documento que aclara algunhas cuestións sobre o tema.
Onde e como debe aparecer o ISBN nunha publicación?
Se son publicacións impresas, deberá aparecer no reverso da portada. Se non fose posible, deberá aparecer nalgunha das seguintes partes do libro:
• Na parte inferior da contraportada externa
• No pé da portada ou xunto cos créditos da publicación
• No pé da contraportada
• Na parte inferior do reverso da sobrecubierta ou de calquera outra funda protectora ou envoltura
Se son publicacións electrónicas ou outras formas de produtos non impresos e supoñen unha presentación visual do contido almacenado de forma electrónica, por exemplo, unha publicación na internet, aparecerá na pantalla de visualización do título, ou o seu equivalente, ou na primeira pantalla.
Se son publicacións electrónicas que se difunden como obxecto físico, por exemplo casete, disquete, CD- ROM, o ISBN aparecerá en calquera das etiquetas que estean pegadas de forma permanente ao devandito obxecto. Se non é posible mostralo no obxecto ou na súa etiqueta, o ISBN aparecerá na parte de abaixo do dorso da embalaxe permanente do devandito obxecto, por exemplo na caixa, funda ou embalaxe.
Se son películas ou vídeos o ISBN deberá aparecer nos títulos de crédito.
O ISBN debe imprimirse sempre cun tipo de imprenta o suficientemente grande como para que sexa lexible (non menor de nove puntos).
É necesario cambiar o ISBN cando se produce un cambio de formato?
Si; é necesario un ISBN diferente para cada formato.
Os libros electrónicos necesitan ISBN?
Os libros electrónicos tamén necesitan un ISBN para entrar no circuíto comercial.
Supón o ISBN un sinal de calidade?
Non. A Axencia do ISBN non ten como misión valorar a calidade das publicacións para as que se solicita un ISBN. A Axencia non ten acceso ás publicacións, senón aos datos que sobre elas envíanlles os editores. O único control da Axencia efectúase sobre a pertinencia, ou non, da publicación para obter un ISBN e sobre a corrección formal dos datos que os editores deben proporcionar.
Protexe os meus dereitos literarios e de autoría a obtención dun ISBN?
Non, en absoluto: os dereitos de propiedade intelectual non quedan protexidos pola obtención dun ISBN senón pola propia publicación da obra ou pola súa inscrición no Rexistro da Propiedade Intelectual.