Principais funcións:
- Propoñer as liñas xerais da política editorial
- Programar, iniciar ou suprimir coleccións editoriais, revistas ou demais series ou publicacións en xeral, agás as de carácter institucional
- Informar positiva ou negativamente os orixinais para a súa publicación, despois de coñecer os informes que os acompañen ou que, no seu caso, se solicitaran.
- Informar e propoñer os acordos de coedición con outras institucións, privadas ou públicas.
- Aprobar a normativa para a presentación e admisión de orixinais
- Establecer a prelación na publicación de orixinais e aprobar o calendario que propoña a dirección.
Persoas que representan actualmente a esta Comisión e foron nomeadas polo Consello de Goberno da UDC:
Presidenta
Vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte: Prof.ª Dra. Mª Cristina Naya Riveiro
Vogais
Área de Artes e Humanidades: Prof.ª Dra. Mª Elena Alfaya Lamas (profesora contratada doctora)
Área de Ciencias: Prof.ª Dra. Mª Carmen Veiga Barbazán (catedrática de universidade)
Área de Ciencias da Saúde: Prof. Dr. Daniel López López (profesor titular)
Área de Ciencias Sociais e Xurídicas: Prof.ª Dra. Eva Souto García (profesora contratada doctora)
Área de Enxeñería e Arquitectura: Prof.ª Dra. Enma López Bahut (profesora contratada doctora)
Representantes de Revistas e Series:
- Prof.ª Dra. Pilar Couto Cantero (profesora titular)
- Prof. Dr. J. Ignacio Pérez Pascual (catedrático de universidade)
Representante de estudantes: Sara Violeta Bouzada Novoa
Directora do Servizo de Publicacións da UDC: María Inmaculada Doval Porto
Xefe do Servizo de Biblioteca Universitaria da UDC: D. Xaquín Lores Torres
Secretaria: María Inmaculada Doval Porto (Directora do Servizo de Publicacións)
Representante do PAS: D.ª Ana M.ª Fernández Mouce