El costo del imperio asiático

La formación de las islas Filipinas bajo el dominio español (1565-1800)

ISBN: 978-84-9749-853-12023 |  384 pp. | 17 x 24cm | P.V.P.: 28 euros

Fronte ao Imperio americano, que foi sobre todo continental, o Imperio asiático español estivo configurado por milleiros de illas espalladas ao longo do Pacífico norte que tiñan sido descubertas a finais do século xvi. E tamén, fronte á pronta independencia do americano, que se desligou da tutela colonial a principios do século  xix, o Imperio asiático mantívose leal á tutela española durante case outra centuria.

O libro tenta contestar a dúas cuestións significativas. Por un lado, á de cal foi o custo que supuxo para a Facenda pública española o mantemento durante tres séculos e medio dun imperio tan apartado da metrópole. Para iso, o autor houbo de reconstruír as contas do Tesouro no longo prazo. E a segunda cuestión, despois de coñecer a dimensión cuantitativa dos ingresos e dos gastos, pescudar de que grupo social  procedían os ingresos que permitiron executar eses gastos. E a resposta resulta  sorprendente: dos máis precarios, dos labregos indíxenas.