Impulsa proxectos en colaboración

As empresas e entidades, públicas ou privadas, poden desenvolver proxectos innovadores en colaboración coa UDC a través de convenios que favorezan o intercambio de coñecemento e o acceso a financiamento para lograr un fin común.

 

Información clave

Os convenios establecen un marco de colaboración entre a universidade e outras entidades para fomentar a investigación e a transferencia de tecnoloxía. A diferenza dos contratos, non implican unha contraprestación directa por servizos, senón unha cooperación mutua para a consecución de un obxectivo, proxecto ou misión común.

 

As empresas e entidades poden colaborar coa UDC a través de distintos tipos de proxectos vinculados á investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento:

 

  • Proxectos de I+D+i: Desenvolvemento de investigacións científicas, tecnolóxicas e innovadoras en colaboración con grupos da UDC.

 

  • Creación e financiamento de unidades de investigación: Establecemento de centros, institutos ou unidades conxuntas para a xeración de coñecemento e tecnoloxía.

 

  • Uso compartido de infraestruturas e equipamentos: Acceso a laboratorios, espazos e tecnoloxías avanzadas para o desenvolvemento de proxectos.

 

  • Formación de persoal científico e técnico: Colaboracións para a capacitación de profesionais en áreas estratéxicas.

 

  • Divulgación científica e transferencia de tecnoloxía: Accións conxuntas para difundir avances e aplicacións prácticas do coñecemento xerado na universidade.

 

Estes proxectos poden formalizarse mediante convenios adaptados ás necesidades de cada empresa, permitindo establecer relacións estratéxicas con investigadores e acceder a oportunidades de financiamento público e privado. Se a túa empresa está interesada en colaborar, podemos asesorarte para atopar a fórmula máis axeitada.

Se estás interesado, podes contactar coa OTC para definir os obxectivos, recursos e compromisos de ambas partes. Asesorarémoste na redacción do convenio e na súa tramitación administrativa.

A colaboración entre empresas e universidades ofrece múltiples vantaxes, como o acceso a programas de financiamento público para proxectos de I+D+i e a posibilidade de incrementar a capacidade tecnolóxica aproveitando o coñecemento e os recursos xerados nas institucións universitarias.