A través da OTC xestiónanse as patentes realizadas polo profesorado no ámbito das súas funcións docentes e investigadoras, correspondendo a súa titularidade á universidade, segundo a Lei 24/2015, de 24 de xullo, de Patentes.
Asesorámoste e acompañámoste no proceso de protección dos resultados da túa investigación. Avaliamos técnicamente os resultados e suxerimos a mellor forma de protección, xestionando todo o proceso dende a solicitude ata a concesión e trámites posteriores.
Se consideras que os resultados da túa investigación son susceptibles de protección, deberás comunicalo á OTC a través do formulario de Comunicación de Resultados de Investigación (CRI). É fundamental que realices esta comunicación antes de facer calquera difusión pública ou publicación, co fin de evitar a perda da novidade.
Para facilitar a xestión, recomendámosche consultar o Protocolo de actuación de protección de resultados de investigación.
Recibida a CRI, analizaremos a documentación e avaliaremos a patentabilidade da invención, así como o mecanismo máis adecuado para a súa protección.