O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos Estudantís e Crue-Internacionalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o/a estudante se encontra matriculado/a, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.
Aquí atoparás a información do procedemento a seguir para a solicitude da mobilidade, prazos, e servizos que terás a túa disposición durante a túa estancia na nosa Universidade.
Para calquera consulta, podes dirixirte ao Coordinador/a SICUE dos Centros da UDC ou ao correo electrónico: sicue.entrante@udc.gal (lembra indicar sempre a titulación na cal estás matriculado/a e a túa universidade de orixe).
Unha vez concedido o intercambio SICUE pola universidade de orixe, o/a estudante deberá cumplimentar o Acordo Académico que será asinao primeiro polo/a estudante, logo polo/a Coordinador/a e o/a Decano/a/Director/a do centro de orixe.
O/a estudante entrante debe adxuntar a través do Portal de solicitude os seguintes documentos:
- O acordo académico asinado polas 2 partes (estudante, coordinadores e directores/decanos de orixe). Consulta se podes incluír o TFG ou o Prácticum no teu acordo académico.
- Copia do DNI/NIE
- Copia da matrícula universitaria realizada na universidade de orixe.
Unha vez recibida a documentación completa, a ORI procederá á inscrición do/da estudante na UDC e emitirase un certificado de inscrición, que se enviará ao/á estudante e á universidade de orixe xunto co acordo académico asinado polo/a coordinador/a SICUE da UDC.
A inscrición implica que o/a estudante pasa a estar rexistrado como estudante da Universidade da Coruña e ten acceso aos servizos dos estudantes propios da UDC:
-Usuario e contrasinal para acceder á UDC virtual. O/a estudante recibirá por email o código de activación necesario para activar o seu contrasinal.
-Acceso a redes wifi da UDC
-Acceso á Secretaría Virtual e Campus Virtual
-Tarxeta universitaria, que lle identificará como estudante e lle dá acceso a outros servizos (biblioteca, conta bancaria...). O/a estudante terá que solicitala en línea en: https://www.udc.es/es/tui/
Á súa chegada á UDC, o/a estudante deberá presentarse ao/á coordinador/a SICUE e á administración/UXAI do centro UDC e comunicar a súa incorporación á ORI como estudante SICUE.
Normativa SICUE da CRUE para 2025/26
Preguntas frecuentes (FAQs) respondidas pola CRUE
Os prazos para formalizar o rexistro no portal da UDC e formalización da solicitude de mobilidade SICUE son:
-Hasta o 15 de xullo de 2025 para mobilidades do primeiro cuatrimestre e anuais.
-Hasta o 28 de outubro de 2025 para mobilidades do segundo cuatrimestre.
Normativa SICUE da CRUE para 2024/25
Preguntas frecuentes (FAQs) respondidas pola CRUE
Os prazos para formalizar o rexistro e formalización da solicitude de mobilidade SICUE son:
-Hasta o 15 de xullo de 2024 para mobilidades do primeiro cuatrimestre e anuais.
-Hasta o 28 de outubro de 2024 para mobilidades do segundo cuatrimestre.
Normativa SICUE da CRUE para 2023/24
Preguntas frecuentes (FaQ) respondidas pola CRUE
Os prazos para formalizar este registro e formalización da solicitude de mobilidade SICUE son:
-Hasta o 14 de xullo de 2023 para mobilidades do primeiro cuatrimestre e anuais.
-Hasta o 28 de outubro de 2023 para mobilidades do segundo cuatrimestre.
Normativa SICUE da CRUE para 2022/23
Preguntas frecuentes (FaQ) respondidas pola CRUE
Normativa SICUE da CRUE para 2021/22
Preguntas frecuentes (FAQ) respondidas pola CRUE
Modelo de acordo académico SICUE
Modelo de certificado de inscrición SICUE na universidade de destino