Recoñecemento académico

Para as titulacións:

  • Licenciado en Administración e Dirección de Empresas
  • Licenciado en Economía
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
  • Grao en Ciencias Empresariais
  • Grao en Economía

Recoñecemento académico polo sistema ECTS:

  • un ano académico fora será recoñecido por 60 créditos ECTS
  • un semestre será recoñecido por 30 créditos ECTS
  • un trimestre será recoñecido por 20 créditos ECTS

Neste caso, os centros da Universidade da Coruña deberán ter aprobados os créditos ECTS, así coma unha guía ECTS e tamén deberán estar especificados os anos, semestres ou trimestres do plano de estudo no cal se atopan matriculados os estudantes beneficiarios da bolsa ERASMUS.

Recoñecemento académico polo sistema tradicional ou recoñecemento parcial por ECTS:

  1. Titulación e plano de estudos no marco dos estudos realizados polo estudante da Universidade da Coruña na universidade de acollida.
  2. Nome e número de créditos das materias troncais e obrigatorias do plano de estudos que se recoñecerán polos cursados na universidade de acollida.
  3. Número de créditos de materias optativas do plano de estudos que se recoñecerán polos estudos realizados na universidade de acollida.
  4. Número de créditos de materias de libre elección del plano de estudos que se recoñecerán polos estudos realizados na universidade de acollida.

Os estudantes da Facultade de Económicas e Empresariais da UDC con intercambio concedido (Erasmus ou convenios bilaterais) deben acollerse as convalidacións da sua titulación (Economía ou ADE) coa universidade de destino recollidas nas taboas, aprobadas pola Comisión Académico Docente da Facultade.Na páxina web http://www.economicas.udc.es/contenido.php?idpag=303&idcon=pag20091217133822 os estudantes da Facultade poden consultar tanto as taboas vixentes como o modelo e procedemento de solicitudes de novas convalidacións.