Recoñecemento academico - Licenciado en Ciencias da Educacion Fisica e o Deporte

Recoñecemento académico polo sistema ECTS:

  • Un ano académico fora será recoñecido por 60 créditos ECTS
  • Un semestre será recoñecido por 30 créditos ECTS
  • Un trimestre será recoñecido por 20 créditos ECTS

Neste caso, os centros da Universidade de A Coruña deberán ter aprobados os créditos ECTS, así como unha guía ECTS e tamén deberán estar especificados os anos, semestres ou trimestres do plan de estudos no cal se encontran matriculados os estudantes beneficiarios da bolsa ERASMUS.

Recoñecemento académico polo sistema tradicional ou recoñecemento parcial por ECTS:

  1. Titulación e plan de estudos no marco dos estudos realizados polo estudante da Universidade de A Coruña na universidade de acollida.
  2. Nome e número de créditos das materias troncais e obrigatorias do plan de estudos que se recoñecerán polos cursados na universidade de acollida.
  3. Número de créditos de materias optativas do plan de estudos que se recoñecerán polos estudos realizados na universidade de acollida.
  4. Número de créditos de materias de libre elección do plan de estudos que se recoñecerán polos estudos realizados na universidade de acollida.

Os alumnos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC que disfruten de estancias no extranxeiro a través dos convenios de intercambio vixentes poden acollerse ás convalidacións da súa titulación mostradas a continuación na seguinte Táboa de Equivalencia:

Táboa de Equivalencia coa Universidade de PARIS-X, aprobada na xunta ordinaria da facultade que tivo lugar o xoves, día 24 de maio de 2007.

Aprobada na Comisión do Plan de Estudos da Universidade da Coruña o 19/07/2007