Recoñecementos académicos e requisitos propios da Escola Técnica Superior de Arquitectura

Condicións para a participación en programas de intercambio

Os programas de intercambio van dirixidos a aqueles estudantes que cumplan cos requisitos mínimos esixidos , estén interesados en cursar o cuarto ano da carreira noutra escola de arquitectura europea.

Inscripción

A convocatoria dos programas é anual, e realizarase según os prazos indicados polos organismos convocantes.

Asignaturas de primeiro ciclo superadas

Os/as estudantes interesados deben ter completo o primeiro ciclo da carreira na última convocatoria de decembro anterior ó curso de partida(primeiro ciclo=180 créditos).

Primeiro Curso Créditos Segundo Curso Créditos
106 Proxectos 1 9 201 Proxectos 2 21
107 Construcción 1 9 203 Construcción 2 15
104 F. Físicos I 7,5 204 Estructuras 1 12
109 F. Físicos II 7,5
101 I. Arquitectura 9 202 Historia Arte 9
103 Debuxo 1 15 206 Debuxo 2 15
102 Xeometría Desc. I 7,5
108 Xeometría Desc. II 7,5 205 Urbanismo 1 9
105 F. Matemáticos I 9
110 F. Matemáticos II 9 Libre configuración 9

Total 90 créditos Total 90 créditos

Condicións previas para a convalidación de asignaturas

As normas de matrícula da UDC son as mesmas aplicables ós alumnos en programas de intercambio.O alumno necesita ter superado o 33% do curso para matricularse do curso seguinte.Non se poden convalidar asignaturas nas que as chaves non figuren aprobadas previamente no expediente do estudante da ETSA.Non se poden convalidar asignaturas nas que o alumno xa houbera estado matriculado na ETSA e que figuren suspensas no expediente.Podense cursar asignaturas para convalidar como Créditos de Libre configuración.Unha vez superada ou aprobada a asignatura de libre configuración no centro de destino, solicitarase o seu recoñecemento por créditos mediante a correspondente solicitude.O alumno so pode solicitar o recoñecemento de libre configuración por asignaturas que se imparten na escola de destino e que teñan un temario no que non se corresponda con ningunha materia do plan de estudos da ETSA A coruña.

Para aqueles estudantes que se inscriban nun dos programas de intercambio, a ETSA desaconsexa matricularse das asignaturas soltas e de distintos cursos, sen que ísto vaia en detrimento da normativa de matrícula vixente para os alumnos da Universidade da Coruña a cal terá que adaptarse ós estudantes.Esta práctica non é habitual nas escolas de acollida e ocasiona serios trastornos á hora de integrar nosos alumnos dentro da organización académica de ditas escolas.

Recomendase que o estudante confeccione unha táboa de convalidacións adaptada tanto ó plan de estudos da ETSA como ó da universidade de acollida e orientada á convalidación das asignaturas do 4º curso da ETSA Coruña.A ETSA non garantiza a convalidación de asignaturas soltas e de distintos cursos.

Poderase convalidar un máximo de asignaturas equivalente ó 4º cruso da ETSA ou, no seu defecto un número parcial de asignaturas superior ó 50% do 4º curso da ETSA.

A ETSA esixe ós seus estudantes que realicen estudos exclusivamente nas Escolas de arquitectura coas que oclaboramos e que adapten os seus Cadros de Convalidacions ó plan de estudos de ditas escolas.Dado que a convalidación require asignaturas de contidos, duración e periodicidade nas carreiras similares, ésta non se poderá dar en aqueles casos nos que os alumnos non cumplan estos requisitos de equivalencia.Para facilitar ó estudante as posibles convalidacións que pode realizar confeccionouse unha táboa de equivalencias entre cursos e asignaturas das distitnas escolas.Toda a información sobre as escolas de acollida encóntrase disponible na Biblioteca.

Recomendase realizar o quinto ano de carreira na ETSA Coruña .O PFC é obligatorio realizalo na ETSA Coruña se o estudante desexa titularse pola Universidade da Coruña.

Recoñecemento académico - ECTS

Recoñecemento académico polo sistema ECTS:

  • un ano académico fora será recoñecido por 60 créditos ECTS
  • un semestre será recoñecido por 30 créditos ECTS
  • un trimestre será recoñecido por 20 créditos ECTS

Neste caso, os centros da Universidade da Coruña deberán ter aprobados os créditos ECTS, así como unha guía ECTS e tamén deberán estar especificados os anos, semestres o trimestres do plano de estudo no cal encóntranse matriculados os estudantes beneficiarios da beca ERASMUS.

Recoñecemento académico polo sistema tradicional o recoñecemento parcial por ECTS:

  • Titulación e plano de estudos no marco dos estudios realizados polo estudante da Universidade da Coruña na Universidade de acollida.
  • Nome e número de créditos das materias troncais e obrigatorias do plano de estudos que recoñeceranse polos cursados na Universidade de acollida.
  • Número de créditos de materias optativas do plano de estudos que recoñeceranse polos estudos realizados na Universidade de acollida.
  • Número de créditos de materias de libre elección do plano de estudos que recoñeceranse polos estudos realizados na Universidade de acollida.