Os estudantes da UDC poden realizar un período de prácticas en institucións de países non incluídos no Programa Erasmus + durante un período de entre 2 e 12 meses.
O estudante ten que estar matriculado na UDC en estudos conducentes a unha titulación oficial (Grado, Mestrado ou Doutoramento) durante todo o período de prácticas.
O estudante non pode ter realizado unha práctica internacional previa na mesma titulación.
As prácticas poden realizarse en calquera institución de ensinanza superior, pública ou privada, organizacións sen ánimo de lucro, ou empresas públicas ou privadas.
As prácticas deberían ter recoñecemento académico; o dito recoñecemento incluírase no Acordo Formación aprobado por todas as partes antes do comezo das prácticas. Se as prácticas non forman parte do curriculum académico do estudante, poden incluírse no Suplemento ao Diploma.
Para conseguir o recoñecemento, o estudante debe presentar na ORI da UDC un informe final de avaliación emitido pola institución de destino ao final da mobilidade.
O estudante non percibirá cantidade algunha en diñeiro ou compensación en especie por parte da Universidade da Coruña en concepto de salario, compensación, beca ou retribución de calquera outro tipo a cambio das actividades desenvolvidas durante o período de prácticas.
O estudante comprométese a:
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE
O estudante debe enviar á Oficina de Relacións Internacionais antes do inicio da mobilidade, ben por correo electrónico (outgoing.rrii@udc.es) ben en papel, a seguinte documentación:
ANTES DO COMEZO DAS PRÁCTICAS
O estudante debe enviarlle á Oficina de Relacións Internacionais da UDC:
AO INICIO DAS PRÁCTICAS
Enviar certificado de chegada (español/inglés) ao comezo do periodo de prácticas.
AO FINALIZAR O PERÍODO DE PRÁCTICAS
O estudante debe entregar na ORI da UDC: