VI Xornada Universitaria Galega en Xénero: (RE) CONSTRUÍNDO O COÑECEMENTO

14 de xuño de 2019

VI Xornada Universitaria galega en Xénero

Desde 2013, as unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas traballamos conxuntamente para facer realidade a sexta edición da Xornada Universitaria Galega en Xénero, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.

Nesta sexta edición, que se celebrará o 14 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, baixo o lema (Re)construíndo o coñecemento, centrarémonos na necesidade das investigacións feministas e de xénero, así como na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios.

Como nas edicións anteriores, abrimos a convocatoria ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego.

Comité Organizador:

Eva Aguayo Lorenzo, Coordinadora da Oficina de Igualdade de xénero da USC

Águeda Gómez Suarez, Directora da Unidade de igualdade da Uvigo

Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC

Inscrición:

Para inscribirte na xornada deberás cumplimentar o seguinte formulario Formulario de inscrición

O prazo de inscrición remata o 12 de xuño

 

 

 

 

Programa VI XUGeX