Proxectos con persoas sen fogar e Penitenciarías

COLABORACIÓN CO FOGAR SOR EUSEBIA (A CORUÑA)
No Centro de Acollida de Sor Eusebia residen homes adultos que por circunstancias persoais non teñen recursos suficientes e precisan atención especializada por ter algunha dependencia específica.
Este proxecto xorde no ano 2011 dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado para tentar achegar o mundo exterior aos residentes no Fogar. As persoas voluntarias deseñan programas de lecer con obxetivos integradores para tentar cubrir unha necesidade de ocio. As ditas actividades, neste curso escolar 20/21, desenvolveránse de xeito telemático, podendo realizar actividades de alfabetización dixital ou acompañamentos virtuais. 

ODS 1_FinpobrezaODS10_Reducirdesigualdades

COLABORACIÓN CON CÁRITAS MONDOÑEDO-FERROL (FERROL)

En 2023 iniciamos unha nova cooperación con Cáritas Mondoñedo-Ferrol para a participación do voluntariado universitario nos proxectos que a dita organización desenvolve, e que inclúen actuacións nos ámbitos da atención e acompañamento a persoas en situación de vulnerabilidade e exclusión social, a desenvolver tanto dentro das instalacións da Asociación, no entorno comunitario ou de xeito virtual. A participación voluntaria levarase a cabo por unha banda, con persoas en situación de sinfogarismo para actividades de ocio e lecer; por outra banda, o colectivo de maiores serán os destinatarios de actuacións enfocadas a paliar a fenda dixital.

Unha segunda liña de colaboración coa entidade enmárcase co colectivo de reclusos e reclusas de segundo grao que gozarán dos seus permisos na cidade de Ferrol. O voluntariado fará acompañamento das persoas reclusas na realización de actividades intrumentais da vida diaria, actividades de ocio e lecer, participación na comunidade, apoio na xestión de trámites, etc., coa finalidade non só de promover a preparación das persoas reclusas cara a súa reinserción, senón xerar vínculos, concientizar á sociedade, sensibilizar e traballar sobre prexuizos e estigamas. 

ODS 1_FinpobrezaODS10_Reducirdesigualdades

AULA DE CULTURA CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO (A CORUÑA E FERROL)

O entorno penintenciario é un dos sectores da sociedade máis illado debido as súas características. Dende a OCV preténdese achegarlles ás persoas reclusas alternativas culturais en forma de actividades/parladoiros que se levan a cabo grazas aos proxectos que deseña o voluntariado en forma de obradoiros (economía doméstica, seguridade vial, saúde sexual...), videoforums, etc. e ás colaboracións puntuais de profesionais dos ámbitos da cultura, do dereito, da sanidade e doutros sectores de interese.
O programa desenvólvese en diferentes horarios, en base á actividade deseñada e ás preferencias do propio centro penitenciario. 

Outra das liñas de participación actual, é dando aulas de apoio escolar a internos e internas en diferentes quendas, normalmente en horario de mañá un par de días á semana.

ODS 1_FinpobrezaODS4_EducacionODS10_Reducirdesigualdades