Proxectos de sensibilizacion en Educación para a Cidadanía Global e Medioambientais

SENSIBILIZACIÓN DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA (A CORUÑA E FERROL)

Este proxecto vai dirixido a sensibilizar á comunidade universitaria sobre diversas temáticas relacionadas cos dereitos humanos e a xustiza social. O voluntariado que partipa neste proxecto, diseñará tanto os materiais de sensibilización como as propias dinamicas e xogos de carácter lúdico que se realizarán para intentar chamar a atención das e dos compañeiros da universidade, sobre a importancia da súa participación como cidadanía activa.

Este proxecto vén de ser recoñecido no 2015, coa súa inclusión na Guía de Boas Prácticas en Materia de Cooperación Univesitaria ao Desenvolvemento, editada pola CRUE (Conferencia de Reitores das Univesidades Españolas), no seu apartado de Sensibilización.

Programa TV "Hoxe por ti" (Celebración do Día pola Xustiza Social. Campus de Ferrol 06/03/2013)
Acceso ao blogue do programa Mexmes

Outros materiais:

"Unha ollada á educación"

"Rachemos os círculos"

ODS10_ReducirdesigualdadesODS5_Igualdad_XeneroODS16_PazXustizaODS13_AccionpoloclimaODS4_Educacion

 

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL CO PATRIMONIO EN BOSQUES GAL (FERROL)

As actividades a desenvolver polo voluntariado inclúen a identificación de especies invasoras do bosque atlántico; a recolecta e sementado de froitos de bosque atlántico; a inspección e análise de ambientes fluviais; a busca, limpeza e restauración de patrimonio material (curripas de castañas, petróglifos, muros de pedra etc.); a preparación de puntos para estacións meteorolóxicas; a recollida e análise de datos; a busca e catalogación de fauna local; a creación e visibilización dun roteiro na contorna; sesións de formación e inserción interxeracionais.
Levaranse a cabo no bosque atlántico do Concello de Monfero, Fragas do Eume e a contorna, coa coordinación da Asociación Betula, dentro do Grupo Compostela de Universidades (GCU)

 

ODS15_ecosistemasterrestresODS13_AccionpoloclimaODS4_Educacion

 

PROXECTOS DESENVOLVIDOS EN COLABORACIÓN CON AMNISTÍA INTERNACIONAL (A CORUÑA E FERROL)

Este proxecto vai dirixido a desenvolver as tarefas propias do activismo de denuncia e sensibilización dun grupo de persoas
activistas/voluntarias de Amnistía Internacional. Entre estas tarefas poderían estar a mobilización de rúa, as tarefas de incidencia política con autoridades locais, as de comunicación con medios locais e mobilización online en RRSS, de educación en Dereitos Humanos en centros de ensinanza ou de apoio á coordinación do grupo de activistas, entre outras. 

Ademais Amnistía Internacional ten varios proxectos que se poden desenvolver de maneira online, sempre la liña do activismo e a sensibilización. 

ODS10_ReducirdesigualdadesODS5_Igualdad_XeneroODS16_PazXustizaODS13_AccionpoloclimaODS4_Educacion