O proxecto de acompañamento de persoas dentro e fóra do domicilio xurde como unha colaboración con COGAMI. Existe un gran número de persoas con mobilidade reducida que debido ás grandes barreiras existentes na nosa sociedade, teñen limitada a súa participación social en actividades da vida familiar, provocando situacións de illamento social. Con este proxecto trátase de poñer en marcha unha serie de actividades que favorezan a participación destas persoas na vida cotiá.
As tarefas que realizan as persoas voluntarias que colaboran neste proxecto, son de apoio educativo, e de formación no ámbito da informática, e se levan a cabo nas instalacións propias da entidade.