Proxecto de voluntariado con persoas sen teito

As persoas sen fogar son persoas sen teito e/ou transeúntes que carecen de domicilio estable e se atopan nunha situación socio-familiar inestable, sen ingresos nin traballo. Na cidade de A Coruña existen servizos aos que poden acudir para resolveren situacións puntuais que afectan a necesidades básicas, como pode ser a comida ou o aseo.

No ano 1998 púxose en marcha o proxecto de transeúntes e sen teito na OCV, co que se pretende achegarse a este colectivo durante os momentos que pasan na rúa, prestándolles un pouco de compañía e información dos recursos que ofrece a cidade.

Blogue do voluntariado de persoas sen teito

Guía de recursos da Cidade da Coruña