A Oficina de Cooperación e Voluntariado asinou distintos acordos de colaboración coas entidades OCT (Oficina de Coordinación de Transplantes) e ASOTRAME (Asociación de Transplantados de Médula Ósea) para colaborar en campañas de doazón de órganos e médula ósea, tanto dentro da comunidade universitaria, como en hospitais e outros lugares da comarca da Coruña.
O voluntariado, previo a ter recibido unha formación básica inicial, dispón de información e material para promover as doazóns, e realiza a súa labor de sensibilización e captación con flexibilidade, un par de horas á semana.