Proxecto de colaboración co albergue de transeúntes Padre Rubinos

A Institución Benéfico Social Padre Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como Patronato da Caridade, o día 19 de Abril de 1918 co fin concreto de EXTINGUIR A MENDICIDADE NA CIDADE DA CORUÑA, sen embargo ten os seus antecedentes nunha Institución creada polo Alcalde D. Manuel Casas Fernández en 1913, o Asilo Nocturno de Borrachos.

O voluntariado da OCV colabora nas actividades do centro de día que se ofrecen para as persoas usuarias do albergue, na recollida e clasificación de roupa ou na colaboración coas actividades do comedor.