Proxectos con poboación sen teito

COLABORACIÓN CO FOGAR SOR EUSEBIA (CORUÑA)
Proxecto de voluntariado en Sor EusebiaNo Centro de Acollida de Sor Eusebia residen homes adultos que por circunstancias persoais non teñen recursos suficientes e precisan atención especializada por ter algunha dependencia específica.
Este proxecto xorde no ano 2011 dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado para tentar achegar o mundo exterior aos residentes no Fogar. As persoas voluntarias deseñan programas de lecer con obxetivos integradores para tentar cubrir unha necesidade de ocio. Ditas actividades tentan crear identidades de grupo e propíciase unha participación activa na elaboración do programa por parte dos residentes. Ao mesmo tempo, realízanse saídas a diferentes puntos de A Coruña (parques, praias, museos)... para tentar achegar as posibilidades da cidade a todos os participantes no proxecto, promovendo dese xeito calquera tipo interactuación positiva entre eles e o entorno.

 

FOGAR DE ACOLLIDA DE MULLERES SANTA LUCÍA (CORUÑA)
Collage Santa LucíaA Fundación Hogar Santa Lucía é un centro de acollida de mulleres que busca a recuperación integral da muller, a súa dignidade. As persoas voluntarias da Oficina de Cooperación e Voluntariado participan no centro de acollida colaborando en obradoiros de adquisición de coñecementos básicos de informática, clases de alfabetización e saídas culturais, entre outras actividades. Ao mesmo tempo desenvolven tarefas de acompañamento ás mulleres que residen nel.

 

ALBERGUE DE TRANSEÚNTES PADRE RUBINOS (CORUÑA)
A Institución Benéfico Social Padre Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como Patronato da Caridade, o día 19 de Abril de 1918 co fin concreto de EXTINGUIR A MENDICIDADE NA CIDADE DA CORUÑA, sen embargo ten os seus antecedentes nunha Institución creada polo Alcalde D. Manuel Casas Fernández en 1913, o Asilo Nocturno de Borrachos.
O voluntariado da OCV colabora nas actividades do centro de día que se ofrecen para as persoas usuarias do albergue, na recollida e clasificación de roupa ou na colaboración coas actividades do comedor.