Presentación

O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou unha crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para darlle resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC publica anualmente os resultados do seu estudo de inserción laboral. Este estudo céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois da súa saída. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da Universidade, senón tamén a nivel de cada unha das titulacións.

Desde o Observatorio Ocupacional da UDC esperamos que este informe xeral que aquí presentamos lle achegue informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Ao estudantado e futuro estudantado, os datos que se recollen poderían axudalo a tomar decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e os departamentos, e, en xeral, a todos os organismos unipersoais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.

Introdución

Neste informe preséntanse os datos de inserción laboral do estudantado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada da UDC que finalizou os seus estudos no curso 2023/24. A finalidade básica do informe é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a asegurar a súa empregabilidade. Os obxectivos específicos do informe son os seguintes:

  1. Coñecer o nivel de inserción laboral do alumnado egresado.
  2. Analizar algunhas características do emprego dese alumnado, como, por exemplo, as formas contractuais, os tipos de xornada, os niveis de remuneración, a adecuación do posto á cualificación etc.
  3. Observar a mobilidade xeográfica do alumnado egresado.
  4. Captar o nivel xeral de satisfacción co emprego obtido.

Metodoloxía e ficha técnica

O estudo realizouse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas.

A poboación que é obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso 2023/24. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa finalización dos estudos.

O universo está composto por 3356 alumnos/as egresados da UDC (2216 de grao e 1140 de máster). Co obxectivo de obter mostras representativas a nivel de titulación, calculouse un tamaño da mostra para cada unha delas. O sumatorio destas mostras de titulación xerou unha mostra total de 1845 egresados/as do grao e 880 de máster. Cun nivel de confianza do 95%, estas mostras nos permiten realizar estimacións para o conxunto dos titulados de grao cunha marxe de erro do 0,96%; e para o conxunto da poboación de egresados de máster cunha marxe de erro do 1,58%.

A mostra de cada titulación calculouse coa fórmula habitual:

\[ n = \frac {{N}\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}} {\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}+N-1} \]

Onde N é o total de estudantado egresado da titulación durante o curso 2023/24, p = 0,5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1,96), e o valor de e responde á marxe de erro do 3 % (0,03). Tras o traballo de campo, o tamaño da mostra finalmente obtida foi de 2725 alumnos/as (1845 de grao e 880 de máster).

Na seguinte táboa pode observarse o universo do estudantado egresado de máster, a mostra finalmente obtida en cada unha das titulacións e a marxe de erro para cada unha delas. A marxe de erro calculouse aplicando o factor de corrección para poboacións finitas.

Táboa 1: Universo, mostra e marxe de erro dos másters
Estudo Universo Mostra Marxe de erro
Máster Universitario en Acuicultura 5 4 24.5%
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade 2 2 0.0%
Máster Universitario en Arquitectura 51 44 5.5%
Máster Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial 2 2 0.0%
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria 27 22 9.2%
Máster Universitario en Avogacía 74 65 4.3%
Máster Universitario en Banca e Finanzas 18 8 26.6%
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión 6 6 0.0%
Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde 25 20 10.0%
Máster Universitario en Bioloxía Mariña 11 7 23.4%
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética 5 3 40.0%
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada 17 15 8.9%
Máster Universitario en Ciberseguridade 17 17 0.0%
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica 3 3 0.0%
Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental 17 12 15.8%
Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing 8 6 21.4%
Máster Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas 15 15 0.0%
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial 21 13 17.2%
Máster Universitario en Desafíos das Cidades 2 1 98.0%
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos 10 8 16.3%
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas 32 21 12.7%
Máster Universitario en Dirección integrada de proxectos 9 7 18.5%
Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia 25 18 12.5%
Máster Universitario en Economía 6 4 31.0%
Máster Universitario en Edificación Sostible 24 18 11.8%
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade 17 14 11.3%
Máster Universitario en Enxeñaría da Auga pola Universidade da Coruña e Hochschule Magdeburg-Stendal (Fh)(Alemania) 13 1 98.0%
Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 8 8 0.0%
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial 4 4 0.0%
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial 23 19 9.6%
Máster Universitario en Enxeñaría Informática 36 30 7.4%
Máster Universitario en Enxeñaría Mariña 8 5 28.7%
Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica 16 15 6.5%
Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas 16 10 19.6%
Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías 16 10 19.6%
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións 8 6 21.4%
Máster Universitario en Fabricación Aditiva 3 3 0.0%
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica 17 12 15.8%
Máster Universitario en Intelixencia Artificial 8 6 21.4%
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria 17 16 6.1%
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde 10 7 21.4%
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial 7 5 25.3%
Máster Universitario en Lingüística Aplicada 8 4 37.0%
Máster Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade 15 9 21.4%
Máster Universitario en Matemática Industrial 4 3 32.7%
Máster Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía 3 1 98.0%
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social 14 10 17.2%
Máster Universitario en Náutica e Transporte Marítimo 16 9 22.3%
Máster Universitario en Neurociencia 1 1 0.0%
Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos 18 13 14.7%
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria 32 31 3.2%
Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns 35 31 6.0%
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual 30 20 12.9%
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas 179 155 2.9%
Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada 18 14 12.7%
Máster Universitario en Psicopedagoxía 24 19 10.5%
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica 9 7 18.5%
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas 11 10 9.8%
Máster Universitario en Xerontoloxía 18 13 14.7%
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral 25 18 12.5%
Master Universitario Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 aplicada ao Sector Marítimo 21 0 Inf%

O traballo de campo consistiu na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador entre o 14 e o 23 de xullo de 2025 e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas Ideara S.L. O tratamento dos datos de contacto do estudantado egresado regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente.

O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.

O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que se decidiu seguir o criterio establecido nos informes de anos anteriores e non elaborar informe detallado para aquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC e nos referidos a cada rama de coñecemento.

Indicadores de inserción laboral

Nesta sección preséntanse os datos de inserción laboral dos estudantado titulado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada. Seguindo as definicións habituais, enténdese por activos/as o conxunto do alumnado egresado que, no momento da entrevista, ben declara ter un emprego por conta propia ou allea, ben declara estar a buscar traballo de forma activa. Son inactivos/as, por tanto, o grupo daquel estudantado egresado que, no momento da entrevista, non tiña emprego nin o buscaba activamente. Considéranse ocupados/as aqueles e aquelas estudantes que, no momento da enquisa, declaran ter un traballo por conta allea ou exercer unha actividade por conta propia. Os parados e as paradas son quen declarou na enquisa non ter, pero estar a buscar activamente, un emprego.

Podemos estimar a inserción laboral dos egresados e das egresadas, empregando os datos da nosa mostra, mediante as seguintes taxas:

  1. A taxa de actividade defínese como o cociente entre o total de estudantado egresado enquisado activo e o total de estudantado egresado enquisado.
  2. A taxa de emprego defínese como o cociente entre o total de estudantado egresado enquisado ocupado e o total de estudantado egresado enquisado.
  3. A taxa de paro defínese como o cociente entre o total de estudantado egresado enquisado en paro e o total de estudantado egresado enquisado activo.

Para facilitar a interpretación dos datos:

  1. Compáranse os resultados cos obtidos para o conxunto do alumnado egresado de máster da UDC e para o conxunto do alumnado egresado da mesma rama de coñecemento á que pertence o máster, é dicir, Ciencias.
  2. Preséntanse sempre os datos desagregados por sexo.
  3. Incorpóranse os intervalos de confianza para a proporción estimada, tendo en conta o tamaño da mostra obtida. Estes intervalos calcúlanse coa fórmula habitual e aplicando o factor de corrección de poboacións finitas:

\[ p \pm Z {\sqrt{ \frac {p(1-p)}{n}}} \frac {N-n}{N-1} \]

Figura 1: taxa de actividade, de emprego e de paro do estudantado egresado de máster

taxa de actividade, de emprego e de paro do estudantado egresado de máster

Ver datos aquí

A seguinte figura presenta as razóns polas que as persoas inactivas do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada non buscan activamente un emprego.

Figura 2: motivos polos que o estudantado titulado de máster inactivo non busca emprego

motivos polos que o estudantado titulado de máster inactivo non busca emprego

Ver datos aquí

Características do emprego

Relación entre ocupación e estudos

Distribución nos grandes grupos ocupacionais

Co obxectivo de analizar as ocupacións das egresadas e dos egresados, preguntouse na enquisa cal era a ocupación que se desempeñaba no momento da entrevista. Esta ocupación, posteriormente, reclasificouse conforme as categorías da clasificación nacional de ocupacións (CNO-11). No seu nivel de xeneralización máis alto, a CNO-11 distingue entre os seguintes grandes grupos ocupacionais:

  1. Directores/as e xerentes/as
  2. Profesionais científicos/as e intelectuais
  3. Técnicos/as e profesionais de nivel medio
  4. Persoal de apoio administrativo
  5. Traballadores/as de servizos e vendedores/as de comercios e mercados
  6. Agricultores/as e traballadores/as cualificados/as agropecuarios/as, forestais e pesqueiros/as
  7. Oficiais, operarios/as e artesáns/artesás de artes mecánicas e doutros oficios
  8. Operadores/as de instalacións e máquinas e ensambladores/as
  9. Ocupacións elementais
  10. Ocupacións militares

A continuación, pode observarse a distribución do estudantado egresado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada nestes grandes grupos ocupacionais.

Figura 3: distribución do estudantado egresado de máster ocupado nos grandes grupos ocupacionais

distribución do estudantado egresado de máster ocupado nos grandes grupos ocupacionais

Ver datos aquí

Adecuación profesional da ocupación

A CNO-11 herda da clasificación internacional uniforme de ocupacións CIUO-08 unha estrutura xerárquica baseada no nivel de competencias requiridas para cada grupo ocupacional, en que se distingue entre catro niveis, por orde crecente. O nivel de competencias defínese como unha medida da complexidade e diversidade das tarefas que se realizan nunha ocupación.

Os niveis de competencias de cada ocupación asígnanse en función de distintos compoñentes: a natureza do traballo en relación coas tarefas que o caracterizan, o nivel de instrución formal necesaria para desempeñar as tarefas e a cantidade de formación no emprego ou a experiencia previa que se consideran necesarias.

As ocupacións do nivel de competencias 1 xeralmente requiren a realización de tarefas físicas manuais, simples e rutineiras. Con respecto ao nivel de educación que cómpre, poderíase esixir o ciclo completo de educación primaria ou o primeiro ciclo de educación básica.

As ocupacións do nivel de competencias 2 requiren tarefas como operar maquinaria e equipos electrónicos, conducir vehículos, manter e reparar equipos eléctricos e mecánicos, e manexar e almacenar información. Neste nivel é preciso contar con competencias como a comprensión lectora ou a capacidade de redactar informes, ademais dun alto nivel de destreza manual. O nivel de competencia 2, xeralmente, obtense co primeiro ciclo de educación secundaria, que pode incluír algún elemento de formación profesional especializada.

As ocupacións do nivel de competencias 3 implican o desempeño de tarefas técnicas e prácticas complexas que requiren un conxunto de coñecementos específicos nunha área especializada. En xeral, estas ocupacións requiren un alto nivel de educación: as habilidades necesarias xeralmente obtéñense despois de completar os estudos nunha institución de educación superior, logo de completar a escola secundaria, por un período dun a tres anos.

Finalmente, as ocupacións do nivel de competencias 4 poden supoñer o desempeño de tarefas que comporten tomar de decisións e resolver problemas complexos utilizando amplos coñecementos teóricos e prácticos nunha área. Estes labores xeralmente inclúen análises e investigación, a transmisión de coñecemento e o deseño de estruturas ou maquinaria. Con respecto á formación requirida, as competencias deste nivel adoitan obterse tras finalizar o nivel superior de educación e obter un diploma ou título superior. De feito, en moitos casos, as cualificacións formais son un requisito para acceder a ocupacións deste nivel de competencias.

Os grandes grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11 son os que requiren os niveis de competencias máis altos, isto é, en xeral, un nivel alto ou moi alto de instrución (os niveis 3 e 4 segundo a clasificación de competencias antes exposta). Por iso, podemos medir o grao de adecuación profesional do estudantado egresado mediante un cociente de adecuación ( CocAdec ) definido nos seguintes termos:

\[ CocAdec = \frac {\text{Alumnado egresado ocupado nos grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11}}{\text{Total de alumnado egresado ocupado}} \]

Os resultados obtidos neste nivel de adecuación profesional para o estudantado egresado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada son os seguintes:

Figura 4: cociente de adecuación da ocupación do estudantado egresado de máster

cociente de adecuación da ocupación do estudantado egresado de máster

Ver datos aquí

Autoemprego

Nun informe recente elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC que emprega datos do proxecto GUESSS, observouse que o 10,2 % das e dos estudantes da nosa universidade tiña a intención de crear a súa propia empresa ao final dos seus estudos (pode consultarse este estudo aquí. Resulta interesante comparar esa intención coa realidade un ano despois da data da súa saída da UDC. Na seguinte figura preséntase a porcentaxe do estudantado egresado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada ocupado que está autoempregado.

Figura 5: porcentaxe de estudantado ocupado por conta propia entre o estudantado egresado de máster ocupado

porcentaxe de estudantado ocupado por conta propia entre o estudantado egresado de máster ocupado

Ver datos aquí

Ocupación no sector público

Aínda que con frecuencia se insiste na importancia da estimulación do autoemprego, resulta de vital importancia que a universidade tamén forme profesionais capaces de contribuíren ao fortalecemento e ao bo funcionamento da nosa administración pública. Por iso, presentamos a seguir os datos que nos permiten estimar cal é a contribución do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada a ese fortalecemento do sector público, mediante a formación de profesionais capaces de integrarse en empregos públicos.

Figura 6: porcentaxe de empregados/as públicos entre o estudantado egresado de máster ocupado

porcentaxe de empregados/as públicos entre o estudantado egresado de máster ocupado

Ver datos aquí

Estabilidade laboral no sector privado

Unha das principais dimensións da precariedade laboral é a inestabilidade contractual das persoas ocupadas. Para coñecer como afecta esta dimensión da precariedade ao alumnado titulado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada, presentamos na seguinte figura as porcentaxes de persoas traballadoras con contratos indefinidos, temporais, fixos discontinuos, formativos e irregulares entre os estudantado egresado de máster que está ocupados e traballa por conta allea no sector privado.

Figura 7: tipo de contrato do alumnado egresado de máster ocupado que traballa por conta allea no sector privado

tipo de contrato do alumnado egresado de máster ocupado que traballa por conta allea no sector privado

Ver datos aquí

Xornada laboral de quen ten unha ocupación por conta allea

Na seguinte figura preséntanse os datos relativos á xornada laboral do estudantado egresado de máster ocupado por conta allea da UDC, distinguindo entre aquel que está en empregos a xornada completa (30 horas semanais ou máis) e o que ten empregos a xornada parcial (menos de 30 horas semanais).

Figura 8: estudantado egresado de máster ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

estudantado egresado de máster ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

Ver datos aquí

Mobilidade

A mobilidade é un dos factores máis relevantes á hora de coñecer as características da transición á vida laboral das egresadas e dos egresados. Por unha banda, a capacidade dun territorio e as súas universidades de xeraren e reteren talento é fundamental; e, pola outra, a formación de profesionais capaces de desempeñar o seu labor en contextos afastados social, económica e culturalmente é tamén un indicador do éxito da institución.

Figura 9: mobilidade do estudantado egresado de máster ocupado

mobilidade do estudantado egresado de máster ocupado

Ver datos aquí

Ingresos

As remuneracións son probablemente o indicador máis obvio da calidade do emprego obtido. Por iso, púxose na enquisa unha pregunta para o estudantado egresado ocupado sobre as súas ganancias netas mensuais. As opcións de resposta que se ofrecían eran as seguintes:

  1. Menos de 500 €
  2. Entre 501 e 1000 €
  3. Entre 1001 e 1500 €
  4. Entre 1501 e 2000 €
  5. Entre 2001 e 2500 €
  6. Entre 2501 e 3000 €
  7. Entre 3001 e 3500 €
  8. Máis de 3500 €

Figura 10: ingresos do alumnado egresado de máster ocupado

ingresos do alumnado egresado de máster ocupado

Ver datos aquí


Como era de esperar, un ano despois da saída da universidade, os niveis salariais dificilmente chegan aos intervalos salariais máis altos. O valor do dato é, probablemente, comparativo: permítenos comparar a rapidez no acceso aos niveis salariais altos entre homes e mulleres e entre o estudantado egresado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada e o estudantado egresado da súa rama de coñecemento.

Satisfacción laboral

Por último, incorporouse unha pregunta relativa ao grao de satisfacción laboral das persoas ocupadas, nunha escala de 0 a 10.

O seguinte gráfico mostra a distribución das respostas do estudantado egresado ocupado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada á devandita pregunta. O diagrama de violín (violin plot) permítenos estudar a densidade das respostas, en tanto o diagrama de caixa (box plot) que se inclúe no interior nos achega a distribución dos cuartís. A liña descontinua indica a media da distribución.

Figura 11: satisfacción co emprego do estudantado egresado de máster ocupado

satisfacción co emprego do estudantado egresado de máster ocupado

Ver datos aquí

Anexo

Nesta sección preséntanse os resultados en bruto das respostas do alumnado egresado do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada ás preguntas do cuestionario.

Táboa 2: cal é a túa situación laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a traballar 292 393 685
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 21 46 67
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 46 82 128
Total 359 521 880
Ciencias
Estou a traballar 25 29 54
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 2 4 6
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 3 3 6
Total 30 36 66
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Estou a traballar 3 9 12
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 1 1 2
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 0 1 1
Total 4 11 15

Táboa 3: cal é o motivo polo que non buscas traballo?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a preparar oposicións 22 56 78
Estou a realizar outros estudos 15 19 34
Outros motivos 9 7 16
Total 46 82 128
Ciencias
Estou a preparar oposicións 3 1 4
Estou a realizar outros estudos 0 2 2
Outros motivos 0 0 0
Total 3 3 6
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Estou a preparar oposicións 0 0 0
Estou a realizar outros estudos 0 1 1
Outros motivos 0 0 0
Total 0 1 1

Táboa 4: traballas por conta allea a tempo completo, a tempo parcial, ou es un/ha traballador/a autónomo/a ou empresario/a?
Homes Mulleres Total
UDC
Traballo por conta allea a tempo completo 245 293 538
Traballo por conta allea a tempo parcial 28 74 102
Son autónomo/a ou empresario/a 19 26 45
Total 292 393 685
Ciencias
Traballo por conta allea a tempo completo 19 27 46
Traballo por conta allea a tempo parcial 6 2 8
Son autónomo/a ou empresario/a 0 0 0
Total 25 29 54
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Traballo por conta allea a tempo completo 2 9 11
Traballo por conta allea a tempo parcial 1 0 1
Son autónomo/a ou empresario/a 0 0 0
Total 3 9 12

Táboa 5: e traballas a tempo parcial porque é o que queres ou porque non atopaches un traballo a tempo completo?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 19 35 54
Porque non atopo un emprego a tempo completo 4 26 30
Outras situacións 5 13 18
Total 28 74 102
Ciencias
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 5 1 6
Porque non atopo un emprego a tempo completo 0 0 0
Outras situacións 1 1 2
Total 6 2 8
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 1 0 1
Porque non atopo un emprego a tempo completo 0 0 0
Outras situacións 0 0 0
Total 1 0 1

Táboa 6: traballas na Administración Pública, como funcionario/a de carreira, interino/a ou en calquera outra situación laboral?
Homes Mulleres Total
UDC
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 10 5 15
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 4 7 11
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 6 9 15
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 21 37 58
Non, non traballo como empregado público 232 309 541
Total 273 367 640
Ciencias
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 0 0 0
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 0 0 0
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 0 3 3
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 8 6 14
Non, non traballo como empregado público 17 20 37
Total 25 29 54
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 0 0 0
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 0 0 0
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 0 1 1
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 1 1 2
Non, non traballo como empregado público 2 7 9
Total 3 9 12

Táboa 7: e o teu contrato é…
Homes Mulleres Total
UDC
Temporal 40 62 102
Indefinido 174 197 371
Fixo discontinuo 12 25 37
Formativo (Prácticas) 6 24 30
Estou a traballar sen un contrato regular 0 1 1
Total 232 309 541
Ciencias
Temporal 3 3 6
Indefinido 13 15 28
Fixo discontinuo 1 0 1
Formativo (Prácticas) 0 2 2
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Total 17 20 37
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Temporal 0 0 0
Indefinido 2 6 8
Fixo discontinuo 0 0 0
Formativo (Prácticas) 0 1 1
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Total 2 7 9

Táboa 8: e es autónomo/a ou empresario/a porque queres ou porque non atopaches un traballo por conta allea?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero 14 17 31
Porque non atopo un traballo por conta allea 5 8 13
Outras situacións 0 1 1
Total 19 26 45
Ciencias
Porque é o que quero 0 0 0
Porque non atopo un traballo por conta allea 0 0 0
Outras situacións 0 0 0
Total 0 0 0
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Porque é o que quero 0 0 0
Porque non atopo un traballo por conta allea 0 0 0
Outras situacións 0 0 0
Total 0 0 0

Táboa 9: poderías dicirme cal é a túa ocupación?
Homes Mulleres Total
UDC
1 - Directores e xerentes 7 4 11
2 - Profesionais científicos e intelectuais 167 240 407
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 80 78 158
4 - Persoal de apoio administrativo 18 36 54
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 11 30 41
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros 0 0 0
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 1 1 2
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 2 2 4
9 - Ocupacións elementais 3 2 5
0 - Ocupacións militares 2 0 2
Total 291 393 684
Ciencias
1 - Directores e xerentes 0 0 0
2 - Profesionais científicos e intelectuais 11 18 29
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 9 5 14
4 - Persoal de apoio administrativo 2 2 4
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 3 4 7
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros 0 0 0
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 0 0 0
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 0 0 0
9 - Ocupacións elementais 0 0 0
0 - Ocupacións militares 0 0 0
Total 25 29 54
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
1 - Directores e xerentes 0 0 0
2 - Profesionais científicos e intelectuais 0 9 9
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 1 0 1
4 - Persoal de apoio administrativo 1 0 1
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 1 0 1
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros 0 0 0
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 0 0 0
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 0 0 0
9 - Ocupacións elementais 0 0 0
0 - Ocupacións militares 0 0 0
Total 3 9 12

Táboa 10: onde estás a desenvolver a túa actividade laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Na provincia da Coruña 206 278 484
En Galicia, pero non na Coruña 32 56 88
No resto de España 50 55 105
Noutro país da Unión Europea 0 0 0
No resto do mundo 0 0 0
Total 288 389 677
Ciencias
Na provincia da Coruña 18 18 36
En Galicia, pero non na Coruña 3 2 5
No resto de España 4 9 13
Noutro país da Unión Europea 0 0 0
No resto do mundo 0 0 0
Total 25 29 54
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Na provincia da Coruña 3 3 6
En Galicia, pero non na Coruña 0 1 1
No resto de España 0 5 5
Noutro país da Unión Europea 0 0 0
No resto do mundo 0 0 0
Total 3 9 12

Táboa 11: poderías valorar, nunha escala de 0 a 10, a túa satisfacción global co traballo que realizas?
Homes Mulleres Total
UDC
0 0 0 0
1 1 0 1
2 0 1 1
3 1 2 3
4 3 6 9
5 2 11 13
6 14 24 38
7 52 60 112
8 110 126 236
9 77 93 170
10 32 69 101
Total 292 392 684
Ciencias
0 0 0 0
1 0 0 0
2 0 0 0
3 0 0 0
4 1 1 2
5 0 4 4
6 2 1 3
7 5 5 10
8 10 6 16
9 5 8 13
10 2 4 6
Total 25 29 54
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
0 0 0 0
1 0 0 0
2 0 0 0
3 0 0 0
4 0 0 0
5 0 1 1
6 0 0 0
7 1 0 1
8 1 3 4
9 1 4 5
10 0 1 1
Total 3 9 12

Táboa 12: podería dicirme canto diñeiro gañas máis ou menos ao mes (en euros, neto, tras descontos)?
Homes Mulleres Total
UDC
Menos de 500 4 9 13
Entre 500 e 1000 23 70 93
Entre 1001 e 1500 89 156 245
Entre 1501 e 2000 106 101 207
Entre 2001 e 2500 34 29 63
Entre 2501 e 3000 16 8 24
Entre 3001 e 3500 5 3 8
Máis de 3500 6 5 11
Total 283 381 664
Ciencias
Menos de 500 0 0 0
Entre 500 e 1000 5 5 10
Entre 1001 e 1500 13 15 28
Entre 1501 e 2000 6 7 13
Entre 2001 e 2500 1 1 2
Entre 2501 e 3000 0 0 0
Entre 3001 e 3500 0 0 0
Máis de 3500 0 0 0
Total 25 28 53
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Menos de 500 0 0 0
Entre 500 e 1000 1 1 2
Entre 1001 e 1500 1 3 4
Entre 1501 e 2000 1 4 5
Entre 2001 e 2500 0 1 1
Entre 2501 e 3000 0 0 0
Entre 3001 e 3500 0 0 0
Máis de 3500 0 0 0
Total 3 9 12