XI Premio de Tradución para o Galego

4/29/22 8:30 AM

O relato fantástico

A Facultade de Filoloxía, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da UDC, convoca o XI Premio de Tradución para o Galego correspondente a 2022.

Dirixida a todo o estudantado da Universidade da Coruña.

Establécense tres modalidades con cadanseu premio de 250 €:

  • tradución directa do francés para o galego (texto)
  • tradución directa do inglés para o galego (texto)
  • tradución directa do italiano para o galego (texto)

O prazo de entrega dos traballos comeza a partir do día seguinte en que se publique e concluirá o 30 de setembro de 2022.

 Texto íntegro da convocatoria  

Published by: Servizo de Normalización Lingüística