Visitas aos centros de investigación e ao Servizo de Apoio á Investigación da UDC

6/10/25 9:30 AM

9:30 h | Centros de investigación e Servizo de Apoio á Investigación da UDC

10, 11, 12, 19 e 20 de xuño 

Iniciamos UDC Conecta cun ciclo de visitas aos centros de investigación da UDC e ao Servizo de Apoio á Investigación (SAI). Estas xornadas de portas abertas permitirán coñecer de primeira man as capacidades e infraestruturas científicas da Universidade da Coruña.

Estas visitas terán lugar nas seguintes datas: 

Cada visita comezará ás 9:30 h. e terá unha duración aproximada de 1 a 2 horas, segundo o centro, e incluirá unha presentación sobre as súas capacidades e unha visita guiada ás instalacións.

Dado que o aforo é limitado, para garantir a súa praza, pregámoslle formalizar a súa inscrición cubrindo o seguinte formulario antes do día 6 de xuño.

Pode inscribirse nunha ou en varias destas visitas que resulten do seu interese. No caso de vir acompañado/a agradecémoslle que cubra un formulario por cada asistente.

Para máis información pode dirixirse á Oficina de Transferencia de Coñecemento da UDC a través do correo electrónico otc@udc.gal 

Published by: Oficina de Transferencia de Coñecemento