Dirixido á mocidade universitaria egresada (grao, mestrado, doutoramento) da UDC, de idade comprendida entre 18 e 30 anos.
Queres sentirte máis seguro/a á hora de buscar emprego?
Queres contar cunha persoa titora, mentora, formarte nas ferramentas e recursos para o emprego e mellorar os teus contactos profesionais?
Necesitas saber contactar coas empresas e ter máis oportunidades profesionais?
O Programa Xuventude Mentoring, impulsado pola Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o CIXUG, en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), a de Santiago (USC) e a de Vigo (UVigo), ofrece:
- Apoio e asesoramento individualizado cunha persoa titora durante todo o programa
- Formación en habilidades e ferramentas para a procura de emprego
- Mentorías individuais con persoas expertas no teu sector económico
- Visitas a empresas e eventos de networking sobre unha gran variedade de campos e sectores
Toda a información das bases para a inscrición e participación no programa, na seguinte ligazón:
https://lnkd.in/gakiAdHW
Prazo de inscricións até o 27 de outubro ás 23:59
Anímate e participa!
Formulario de inscrición:
https://lnkd.in/gTKegD6K
Published by:
Emprego