Simposio Internacional sobre El Lazarillo na Facultade de Ciencias da Educación

Press release
10/9/19 1:52 PM
  • Institutional

A Coruña, 9 de outubro de 2019.- A Facultade de Ciencias da Educación acollerá mañá e pasado o Simposio Internacional “El Lazarillo y sus continuadores” no que se atende tanto aos textos orixinais como ás traducións, adaptacións e continuacións da obra.

Este Simposio, organizado por un comité que preside o profesor Alfredo Rodríguez López-Vázquez, dará cabida a catro grandes liñas temáticas: Textos: Lingua e literatura; Traducións: linguas estranxeiras e peninsulares; Historia e sociedade e Didáctica dos feitos culturais.

O evento desenvolverase en sesións de mañá e tarde con conferencias plenarias e comunicacións co seguinte programa:

Xoves 10 de outubro de 2019. (Salón de Graos)

9.00 Inscrición e recepción.

9.30 Apertura e inauguración.

10.00 - 11.00 Aldo Ruffinatto. "Como non editar e como editar El Lazarillo".

11.00-11.30 Pausa café.

11.30-12.30 Reyes Coll-Tellechea. “Lazarillo de Tormes: notas para a historia dun libro”.

12.30-13.30 Ana Vian Herrero. "Lucianistas conflictivos nas décadas de 1550-60: paradoxo moral e estética da dúbida".

13.30- 14.00 Presentación da edición bilingüe (galego-español) de El Lazarillo de Tormes.

14.00-15.30 Pausa comida.

15.30-16.15 Antonio Gargano. “A recepción italiana do “Lazarillo de Tormes”: a “descuidada naturalidade” da novela e as súas versións no século XX”. 

16.15-17.00 Jasna Stojanović. "El Lazarillo en serbio e serbocroata".

17.00h-17.45 Julio César Santoyo. “Edicións e traducións inglesas do Lazarillo de Tormes: 40 anos despois”.

17.45- 18.15 Pausa café.

18.15-19.00 Mesa redonda e coloquio: Antonio Gargano, Jasna Stojanović, Julio César Santoyo e Alfredo Rodríguez López-Vázquez.

Venres 11 de outubro de 2019. (Salón de Actos)

Sesión de comunicacións durante a mañá 

16.45-17.30 Alfredo Rodríguez López-Vázquez. "Metodoloxía da investigación na segunda parte do Lazarillo: análises obxectivas e análises subxectivas".

17.30-17.45 Clausura Simposio.

18.00-18.30 Concerto de clausura. (Aula de Música).

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC