Resistencia nicaraguana con rostro de muller

10/30/19 2:34 PM

  • Exhibition Participatory budgets

Orzamentos participativos de cultura 2019

Inauguración de exposición fotográfica documental que recolle imaxes do movemento de resistencia das mulleres nicaraguanas ante a represión sufrida pola policía e grupos paramilitares durante as protestas cívicas que comezaron o 18 de abril de 2018.

A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia é quen nos achega esta exposición a través dos Orzamentos Participativos de Cultura|UDC 2019, e que forma parte do programa “Mulleres que transforman realidades”.

O máis rechamante son as máscaras que ocultan os rostros das mulleres. Trátase dun símbolo de resistencia da comunidade indíxena de Monimbó contra Somoza, xa polo 1979, e que agora elas retoman contra o actual presidente.

Na inauguración, as persoas asistentes poderán participar nun obradoiro para confeccionar unha destas máscaras. O acto rematará co concerto do Coro de Música Moderna coruñés Sisters in the house, formado por 20 vocalistas galegas que se suman de forma solidaria para visibilizar esta realidade.

Luns 4 de novembro, ás 20:00 h

DepCor_bn_vert.png_659878398

Published by: Cultura

Related news (8)