Prazo de presentación de solicitudes dende o 16/12/2022 ata o 20/02/2023
A Fundación Barrié convoca a 34ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudios no estranxeiro.
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos oficiais de Mestrado con dedicación a tempo completo.
Os objectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nun entorno internacional e multicultural e contribuir ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, unha comunidade excepcional que alcanza o millar de profesionais de múltiples disciplinas en todo o mundo.
No seguinte link da web da Fundación Barrié encontrará toda a información do programa: bases, preguntas frecuentes e acceso á plataforma de solicitude:
link da web da Fundación Barrié
Published by: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria