Presentación do programa da Universidade Sénior da UDC no Concello das Pontes

Press release
1/9/19 1:35 PM
  • Institutional

A Coruña, 9 de xaneiro de 2019.-. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o alcalde do Concello das Pontes, Valentín González Formoso, presentarán mañá, xoves, 10 de xaneiro, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello das Pontes de García Rodríguez, o programa de formación universitaria para maiores de 50 anos da UDC, a Universidade Sénior.

Ao acto asistirán tamén a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez Veiga; a Concelleira-Delegada da Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, María Montserrat García Chavarria; e a directora da Universidade Sénior da Universidade da Coruña, Matilde García Sánchez.

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña proxecta, en colaboración co Concello das Pontes, un programa de formación específico para os adultos maiores deste municipio que se desenvolverá nos meses de xaneiro a abril, no Auditorio Municipal Casa do Peso.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC