Outubro Saudable 2024 na Universidade Sénior

9/30/24 9:52 AM

A Universidade Sénior participa un curso máis nas actividades da UDC Saudable con motivo do Día das Universidades Saudables, cun amplo programa de conferencias ao longo do mes de outubro.

No presente curso 2024-2025, a Universidade Sénior organiza unha nova edición do Outubro Saudable en colaboración con UDC Saudable e que contará có seguinte programa:

No Campus da Coruña, todas as actividades terán lugar na Aula 1, coa seguinte axenda:

  • 16 de outubro, ás 17:00, conferencia titulada “Actividade física, saúde, estratexia e hábitos” a cargo da profa. Paula García Tenorio, dirixida aos alumnos e alumnas da materia “Exploracións culturais: Arte-Ciencia-Técnica”
  • 22 de outubro, ás 10:30, conferencia titulada “Nutrición e Vitamina D: claves para unha alimentación saudable”, a cargo do equipo de formación de NUTRICIONA, dirixida aos alumnos e alumnas da materia “Educación para a Saúde”.
  • 23 de outubro, ás 9:30, conferencia titulada “Evolución humanda, de ónde vimos?”, a cargo do prof. Salvador Fojón Polanco, dirixida aos alumnos e alumnas da materia “Iniciación a Filosofía”.
  • 23 de outubro, ás 12:30, conferencia titulada “Alimentación saudable para adultos maiores”, a cargo da profa. Alma Prieto Tenreiro, dirixida aos alumnos e alumnas da materia “Temas penais na sociedade actual”.
  • 28 de outubro, ás 10:30, conferencia titulada “O estrés na sociedade actual: estratexias para manexalo", a cargo da profa. Patricia Otero Otero, dirixida aos alumnos e alumnas da materia "Ciencia e cidadanía"

En colaboración coa Cátedra Vegalsa-Eroski da UDC, o 31 de outubro haberá un almorzo saudable que precisará de inscrición previa.

No campus de Ferrol, as actividades terán a seguinte axenda:

  • 3 de outubro, ás 10:00, na Aula 2.1 do Edificio de Apoio ao Estudo, conferencia titulada “O estrés, o problema da saúde no mundo actual: recursos psicolóxicos eficaces para a súa prevención” a cargo do prof. Carlos Freire Rodríguez, no marco da materia "Benestar Psicolóxico".
  • 15 de outubro, ás 9:30, na Aula 2.1 do Edificio de Apoio ao Estudo, conferencia titulada “Alimentación e Vitamina D", a cargo da prof. Raquel Veiga Seijo, dirixida aos alumnos e alumnas da materia “Saúde e benestar: Coidados e prevención”.
  • 22 de outubro, ás 12:30, Aula Multiusos I do Edificio de Apoio ao Estudo, conferencia titulada “Actividade física: alimento do corazón e do cerebro”, a cargo do prof. Pablo Arias Rodríguez, no marco da súa materia "Actividade física, nutrición e exercicio na poboación sénior".
  • Na semana do 28 de outubro (en función das condicións meteorolóxicas), terá lugar unha Caminata Saudable por Ferrol, en colaboración coa Concellería de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol

En todas as actividades a entrada é libre ata completar aforo agás para o Almorzo Saudable no campus da Coruña, que terá as prazas limitadas, e será preciso realizar unha inscrición previa entre os días 16 e 20 de outubro, mediante o seguinte formulario electrónico:

Inscrición Almorzo Saudable 2024 – campus A Coruña

 

Cartel Outubro saudable 2024(1)      Cartaz Outubro Saudable 2024

 

 

 Máis información nas Secretarías da Universidade Sénior:

 Universidade Sénior. A Coruña
Edificio Normal - Campus de Riazor
Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña
Teléfono: 881014507
secretaria.senior.coruna@udc.es

Universidade Sénior. Ferrol
Edificio de Usos Administrativos (1º andar)
Campus de Esteiro
15403 Ferrol
Teléfono: 981 337 400. Extensión: 3631
secretaria.senior.ferrol@udc.es

 

Published by: Universidade Senior