O reitor da Universidade da Coruña asina mañá co Secretario de Estado de Defensa na Delegación do Goberno a cesión do edificio da Fábrica de Armas

Press release
2/17/20 2:43 PM
  • Institutional

A Coruña, 17 de febreiro de 2020.- O reitor, Julio Abalde, asinará mañá a acta de cesión do edificio da Fábrica de Armas do Ministerio de Defensa á Universidade da Coruña co secretario de Estado de Defensa, Ángel Olivares, nun acto presidido polo Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

A firma terá lugar mañá martes, 18 de febreiro, ás 12:30 horas na Delegación do Goberno (praza de Ourense).

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC