O reitor, Julio Abalde, e a alcaldesa, Inés Rey, presentan en rolda de prensa na Fábrica de Armas o proxecto da Universidade da Coruña “Cidade das TIC”

Press release
2/26/20 5:11 PM
  • Institutional

A Coruña, 26 de febreiro de 2020.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentarán mañá en rolda de prensa aos medios de comunicación o proxecto universitario “Cidade das TIC”.

A presentación terá lugar na Fábrica de Armas, na Biblioteca do edificio principal, mañá xoves, 27 de febreiro, ás 12:30 horas. A continuación, farase un breve percorrido polas instalacións.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC