A Coruña, 24 de outubro de 2018.- O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC) acollerá este xoves, 25 de outubro, a xornada "Innovación Aberta e Big Data. Aplicacións prácticas ao caso de Telefónica", organizada polo Campus Innova, unha das especializacións da Universidade da Coruña.
O evento, que dará comezo ás 12:00 horas, contará coa participación de Valentín Fernández García, Senior Advisor en Innovación Aberta e exdirector global de Desenvolvemento de Negocio e Alianzas de Teléfonica Open Future.
O obxectivo da xornada é afondar nun mellor coñecemento dos contextos de innovación aberta desde a experiencia dun caso práctico, como é o caso de Telefónica. Ademais, unha vez finalizado o relatorio terá lugar un petisco de networking que permitirá continuar o debate sobre innovación aberta e emprendemento dixital.
Published by: Gabinete de Comunicación da UDC