O CICA acolle unha xornada sobre terapia celular e medicina rexenerativa

Press release

9/26/22 2:33 PM

  • Institutional

A Coruña, 26 de setembro de 2022.- O salón de actos do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro día 4 de outubro a XV Xornada Científica sobre Terapia Celular e Medicina Rexenerativa.

A investigación biomédica é un valioso instrumento para mellorar a calidade e a expectativa de vida dos cidadáns. A comprensión dos procesos patolóxicos implica a posibilidade de abordar terapias máis eficaces na curación de enfermidades. O avance no coñecemento dos mecanismos moleculares e celulares humanos deriva non só do desenvolvemento tecnolóxico, senón tamén da formación de persoal investigador. Nesta xornada, un campo concreto da investigación biomédica é tratado de forma monográfica, cunha vocación formativa e de divulgación científica. A asistencia é libre previa inscrición.

 

Programa:

09:00h. Presentación e benvida. Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC; Silvia María Díaz Prado, coordinadora do Grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa da UDC; Mar Castellanos Rodrigo, directora Científica do INIBIC CHUAC; Jaime Rodríguez González, director Científico do CICA.

9:30h. Terapia Celular en ELA. Salvador Martínez Pérez, Facultade de Medicina, Universidad Miguel Hernández (UMH). Instituto de Neurociencias UMHCSIC, Alicante, España.

10.15h. Novas aproximacións farmacolóxicas fronte a patoloxías inflamatorias articulares altamente prevalentes. Rodolfo Gómez Bahamonde, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

11:00h. The rol of mechanical loading in cartilage homeostasis, degeneration and repair. Rocío Castro Viñuelas, Tissue Homeostasis & Disease Laboratory. Skeletal Biology & Engineering Research Center, KU, Leuven, Belgium.

11:45h. Café

12.30h. Estratexias de bioenxeñaría para rexenerar o disco intervertebral baseadas no microambiente fetal. Joana Caldeira, Instituto de Investigacão e Innovacão em Saúde. Universidade do Porto, Portugal.

13:15h. Translating cellular mechanism into therapies for osteoarthritis. Beatriz Caramés Pérez, Unidade de Bioloxía do Cartílago. Grupo de investigación en Reumatoloxía. Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC).

14:00h. Progresos na reconstrución e visualización 3D de tomografías computarizadas. José Antonio Iglesias-Guitián, Department of Computer Science and Information Technologies. University of A Coruña, CITIC UDC.

14:45h. Clausura da Xornada Científica. Silvia María Díaz Prado, Grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa da UDC.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC