Ante a recente publicación da nova convocatoria de Erasmus+ Prácticas (SMT), a ORI quere convocarte a unhas charlas informativas que organizamos desde a Oficina de Relacións Internacionais. Nestas charlas, se informará sobre modalidades e requisitos da convocatoria; empresas e institución elixibles; duración e recoñecemento; solicitude; prazos e cantías económicas.
Datas, horario e lugares de celebración
Estudantes Campus de A Coruña
Estudantes Campus de Ferrol
O PROGRAMA ERASMUS+ PRÁCTICAS (SMT)
Qué é o programa Erasmus+ Prácticas (SMT)?: Trátase dun programa dirixido a estudantes e recen titulados que ten por finalidade a adquisición de experiencia laboral e de aptitudes específicas para a participación no mercado laboral europeo.
A quén vai dirixido? Estudantes que realizan as prácticas da súa titulación (obrigatorias ou voluntarias) e recen titulados.
En qué países podería facer ás prácticas? 26 estados membros da UE; Islandia; Liechtenstein; Noruega; Turquía; Macedonia e Serbia.
Qué empresas e institucións son elixibles? Empresas públicas/privadas; organismos públicos; institutos de investigación; embaixadas/consulados; centro escolar/instituto/centro educativo; ONGs; institución de educación superior; entre outras.
Este tipo de mobilidade, ten axuda económica? Sí, e en coantías superiores ao Erasmus+ con fins de estudo.
Cal é o prazo para solicitar a mobilidade? Ata as 23:59 horas do 15 de maio de 2026
Ligazón á convocatoria 2025-2026:
https://www.udc.es/export/sites/udc/ori/_galeria_down/inf_estudantes_UDC/mobilidade_Erasmus/Erasmus_practicas/Conv.-erasmus-pra-cticas-SMT-25-26_esp.pdf.signed26.pdf_2063069294.pdf
Anímate a participar e coñecer as vantaxes deste programa de UE!
Published by: Facultade de Turismo