MMP 2018 (Música e Movemento Partillados/Música e Movimento Partilhados)

10/9/18 11:29 AM

  • Activity Living arts Collabo

A Aula de Danza da UDC intervirá neste evento anual, que se desenvolverá desta volta en Braga e Guimarães os días 20 e 21 de outubro.

MMP (Música e Movemento Partillados/Música e Movimento Partilhados) celebrarase este ano coa Universidade do Minho como anfitrioa, nas cidades de Braga e Guimarães, nos días 20 e 21 de outubro.

Esta é a terceira edición do evento, que xa acolleu a cidade de Vila Real e Santiago de Compostela, coas universidades de Trás-os-Montes e Alto Douro e Santiago como anfitrioas. A representación da UDC neste evento ven da man da Aula de Danza coa peza: VERBENA FINAL. 10 anos de grandes hits

Na peza, a Aula de Danza da UDC fará unha revisión das trece pezas feitas ata o momento.

Animais e os seus comportamentos, as novas tecnoloxías, as relacións persoais, individuais e como colectivo dentro da nosa sociedade actual, son as principais fontes de inspiración para as nosas pezas.

DIRECCIÓN_ Rut Balbis

BAILAN_Verónica Moar, Fernando Bruna, Eva Fórneas, Zeltia Martínez, Elías Álvarez e Elena Sánchez

 Programa

Published by: Cultura